Novas xerais/comúnsADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2018-19. LISTADO DEFINITIVOEnviado por prof_mvr o Ven, 18/05/2018 - 06:51
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos para o curso 18-19. Pulse AQUÍ para a súa consulta. Pódese reclamar perante Xefatura Territorial. ( categories: )
CONVOCATORIA DE MATRÍCULA ABAU 2018Enviado por prof_mvr o Ven, 04/05/2018 - 04:01
Neste ENLACE pode consultarse a información relativa á matrícula nas ABAU na convocatoria 2018 ( categories: )
30 de abril - DIA NON LECTIVOEnviado por prof_mvr o Xov, 26/04/2018 - 07:20
Recordamos que o vindeiro luns 30 de abril é DIA NON LECTIVO. Segundo foi elixido polo Consello Escolar do centro. ( categories: )
Probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDCEnviado por prof_mvr o Lun, 12/03/2018 - 03:57
A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, para o curso académico 2018/2019. Lugar e datas de celebración das probas: nas instalacións da Facultade de CC. do Deporte e Educación Física da UDC. Cando: · 1ª convocatoria: 21 de abril de 2018 · 2ª convocatoria: 20 de xuño de 2018
Consitirán na realización de 3 probas de aptitude:
· Bloque I: proba de adaptación ao medio acuático. · Bloque II: (elexir unha entre as tres seguintes) - Proba de axilidade no chan - Proba de carreira deobstáculos - Proba de axilidade co balón. · Bloque III: proba de resistencia cíclica. * ver baremo das probas no Anexo I das bases da convocatoria e a descripción das probas en https://probasinefgalicia.udc.es
Resultado: o “APTO” nas probas será válido para os cursos 2018-19, 2019-20 e 2020-21.
Prazo e lugar de inscrición:
· convocatoria do 21 de abril: do 2 ao 28 de marzo ata ás 14.00 h. · convocatoria do 20 de xuño: do 8 de maio ao 2 de xuño ás 14.00 h. A inscrición realizarase online en https://probasinefgalicia.udc.es/inscricion/paxina-inicio.htm
Prezo: 63,67€ (dereitos de exame) + 6€ (seguro de accidentes). O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño).
Información: Facultade de CC. do Deporte e a Educación Física http://inefg.udc.es ( categories: )
FORMACIÓN DE ALUMNADO MEDIADOREnviado por prof_mvr o Lun, 05/03/2018 - 04:19
No presente curso continuamos co proxecto de Mediación entre iguais coa finalidade de mellorar a convivencia no centro e favorecer a resolución de conflitos mediante o diálogo. Para lograr este obxectivo é moi importante a colaboración do alumnado mediador que recibiu unha formación específica para poder axudar aos seus compañeiros/as nos problemas que poidan xurdir. Moitas grazas á asociación ADAFAD e en especial a Cristina, encargada de impartir estes talleres de formación. ( categories: )
IDIOMAS DO MUNDO 2018Enviado por prof_mvr o Ven, 02/03/2018 - 06:22
Aberto do 5 ao 28 de marzo o prazo de inscrición para Idiomas do Mundo 2018. E convócase unha reunión informativa para o alumnado interesado e as súas familias o luns 12 de marzo ás 19:00h no Centro Cívico Municipal dos Mallos.
Entre hoxe emañana os centros educativos de secundaria recibirán do Servizo Municipal de Educación o material gráfico –o cartel e o folleto- da convocatoria do programa educativo municipal IDIOMAS DO MUNDO 2018, organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, para a súa difusión entre o alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato dos centros do concello.
O programa educativo “IDIOMAS DO MUNDO” ofrece a oportunidade a 71 alumnas/os de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2018, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de xeito oficial o nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL); ademáis de participar nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación dos participantes no respecto á diversidade e á igualdade, ao tempo que lles permita avanzar o seu desenvolvemento persoal.
A convocatoria e as bases (e anexos) pódense consultar na web www.edu.coruna.es/portada e o luns 5 de amarzo habilitaráse a ficha de inscrición en liña. ( categories: )
ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2018-19Enviado por prof_mvr o Mér, 28/02/2018 - 07:46
Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2018, ambos incluídos.A solicitude formalizarase:
Só se pode presentar unha única solicitude na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros por orde de preferencia.Consulta das prazas ofertadas no centro. Consulta das INTRUCIÓNS do procedemento
( categories: )
COMEZO CLASES ENSINANZA SECUNDARIA ADULTOSEnviado por prof_mvr o Xov, 08/02/2018 - 09:24
Hoxe as 18:00 darán comezo as clases correspondentes ao NIVEL III - Módulos IV - Segundo cuatrimestre da ensinanza secundaria para persoas adultas. ( categories: )
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2018Enviado por prof_mvr o Xov, 08/02/2018 - 05:07
Ante a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 22 de xaneiro de 2018, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria. Pulse nesta LIGAZÓN para a súa consulta. ( categories: )
PROBAS DE ACCESO CICLOS FORMATIVOS FORMACIÓN PROFESIONALEnviado por prof_mvr o Xov, 01/02/2018 - 07:00
Publicado calendario das probas de acceso a ciclos de FP. Pulse AQUÍ para a súa consulta ( categories: )
|
Iniciar sesión: Acceso
Buscar |