FORMACIÓN DE ALUMNADO MEDIADOR

Enviado por prof_mvr o Lun, 05/03/2018 - 04:19

No presente curso continuamos co proxecto de Mediación entre iguais coa finalidade de mellorar a convivencia no centro e favorecer a resolución de conflitos mediante o diálogo.

Para lograr este obxectivo é moi importante a colaboración do alumnado mediador que recibiu unha formación específica para poder axudar aos seus compañeiros/as nos problemas que poidan xurdir.

Moitas grazas á asociación ADAFAD e en especial a Cristina, encargada de impartir estes talleres de formación.