AnunciosBOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VEnviado por prof_mvr o Mar, 14/02/2017 - 12:00
Dez titulados e tituladas en ciclos superiores de Formación Profesional que terminaron os seus estudos durante o último curso poderán facer as súas prácticas formativas a partir de abril en diversos países europeos grazas ao programa educativo municipal Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V. As dez persoas foron seleccionadas entre as cerca de 40 candidatas presentadas, nun proceso no que participaron ademais do Servizo Municipal de Educación e a Deputación Provincial a Coruña os centros que son socios do proxecto: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Eusebio da Guarda e IES Imaxe e Son. Na selección das persoas participantes tiveronse en conta aspectos como a nota medio do ciclo, os coñecementos de idiomas extranxeiros e a valoración dos propios centros, como elementos fundamentais. As prácticas desenvolveranse desde o 21 de abril ata o 19 de xuño en Florencia (Italia), Lisboa (Portugal), Belfast (Reino Unido) e Cork (Irlanda). O Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), xunto co Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, asumen o financiamento do programa, de tal xeito que os bolseiros teñen cubertos os gastos da viaxe, o aloxamento nos países de destino, un seguro de responsabilidade e sanitario, e reciben ademáis unha axuda económica para a manutención e estadía. O Concello encargase tamén da búsqueda das empresas donde farán as prácticas, onde terán un titor para o seguemento da súa formación. As persoas seleccionadas finalmente están tituladas en Guía, Información e Asistencia Turística, Agencia de Viaxes e Xestión de Eventos (2), Audioloxía Protésica, Producción de Audiovisuales e Espectáculos, Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Comercio Internacional (2) e Dirección en Servicios de Restauración (2). Os centros de procedencia son Eusebio da Guarda, Anxel Casal, Ramón Menéndez Pidal, Imaxe e Son e Paseo das Pontes. O programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V ten un coste aproximado de 51.000 euros, dos que 10.500 son aportados polo SEPIE, mentras que a Deputación da Coruña aportará outros 15.000, asumindo o Concello da Coruña a aportación dos 25.000 euros restantes. O proxecto conta tamén coa colaboración das asociacións de xoves empresarios Ascega e AJE Marineda. Por outra parte, nas próximas semanas comezará tamén o proceso para a selección dos 50 estudantes de ciclos medios de Formación Profesional que poderán participar no programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI. Este programa estará dividido en dúas convocatorias de 25 prazas cada unha. A primeira poderán optar os/as titulados/as en ciclos medios en decembro de 2016 e os/as titulados/as en ciclos medios en xuño de 2017, con prácticas que se desenvolverán durante tres meses, de setembro a decembro de 2017. Os países de destino serán Irlanda, Austria, Francia, Portugal e Italia. As bolsas inclúen os gastos da viaxe, o aloxamento, un seguro de responsabilidade e sanitario, a búsqueda da empresa e unha axuda económica para a manutención e estadía. A este programa poderán optar as persoas que terminen os seus estudos nos seguintes centros: CIFP Anxel Casal, CIPF Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, Liceo la Paz, Centro de Formación da Cruz Vermella e Grande Obra de Atocha.
Os e as interesadas poderán obter máis información nos respectivos centros educativos ou no Servizo Municipal de Educación, nos teléfonos 981 184200, extensións 12114 e 12038, ademais da web educativa municipal (www.edu.coruna.es). ( categories: )
Educación Secundaria de Adultos - Módulo IV. MATRÍCULA E PRESENTACIÓN 16-17Enviado por prof_mvr o Mar, 10/01/2017 - 07:50
Aberto o prazo de matrícula para o Módulo IV da Educación Secundaria de Adultos. Do 9 ao 16 de Xaneiro para alumnos de nova incorporación. O alumnado que está a cursar o nivel III no centro, fará a matrícula despois da avaliación. A presentación terá lugar o VENRES 3 de Febreiro as 18:00 na aula 17 ( categories: )
CALENDARIO EXAMES 2ª AVALIACIÓN CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 16-17Enviado por prof_mvr o Mar, 10/01/2017 - 07:14
No ficheiro adxunto, pódense consultar as datas e horas dos exames da 1ª avaliación dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas ( categories: )
RESULTADOS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016Enviado por prof_mvr o Mar, 29/11/2016 - 06:43
Hoxe 29 de novembro de 2016, a Xunta Electoral reunida ás 11:00 no IES Fernando Wirtz proclamou os seguintes candidatos electos:
Contra a presente proclamación de candidatos elixidos poderase presentar por un prazo de 15 días reclamación perante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.
( categories: )
MODIFICACIÓNS AO CALENDARIO E PROCLAMACIÓN CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR 2016Enviado por prof_mvr o Ven, 18/11/2016 - 04:56
Acordos tomados na segunda reunión da xunta electoral para eleccións ao Consello Escolar 2016 1º Modificar a data de votación dos sectores de alumnado, pais/nais/titores e Persoal de Administración e servicios ao coincidir cunha convocatoria de folga de alumnado, fixando como data de votación o 23 de novembro de 2016 de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 2º Admitir e proclamalas candidaturas presentadas polos distintos sectores segundo se indica de seguido: Persoal de Administración e Servicios: Dna. Carmen Lozano Mouzo Alumnos: D. Jacobo Vázquez Encina (ASIA) D. Juan Diego Couceiro Bañol (3EA) Dna. Daniela Lozano Serna (4EB) Profesores: D. Ceferino López Cabarcos Dna. Berta Vaquero Lastres D. Jose Luis Vilariño Brea D. Eloy Alonso Lera Dna. Adela Otero Abrodos Pais e Nais de alumnos: Dna. Clementina COELLO BLANCO D. Carlos Antonio Gómez Babío
3º Aprobar e publicar definitivamente os distintos censos electorais. 4º Aprobar os modelos de papeletas e sobres de votación. Nas papeletas con membrete do Instituto, figurarán a relación alfabética dos nomes dos candidatos (a sinalar cun equis no acto da votación). Os sobres serán todos iguais, de cor amarelo. 5º Seguidamente, en virtude das disposicións legais en vigor o Director e Presidente da Xunta Electoral procede a dalas instruccións oportunas para designar mediante sorteo os compoñentas das distintas mesas electortais, coa previsión de suplentes. O resultado do sorteo será comunicado aos interesados. ( categories: )
CONVOCATORIA ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016Enviado por prof_mvr o Mér, 09/11/2016 - 06:37
Con data 8 de novembro de 2016 a XUNTA ELECTORAL aprobou o calendario do proceso de eleccións ao consello escolar. Nas seguintes ligazóns poden consultarse os seguintes documentos
RECÓRDASE QUE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN É DO 9 AO 16 DE NOVEMBRO. AS VOTACIÓNS TERÁN LUGAR O 24 DE NOVEMBRO de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 ( categories: )
CALENDARIO EXAMES 1ª AVALIACIÓN CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 16-17Enviado por prof_mvr o Xov, 03/11/2016 - 07:23
No ficheiro adxunto, pódense consultar as datas e horas dos exames da 1ª avaliación dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas ( categories: )
INFORMACIÓN ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAREnviado por prof_mvr o Mér, 26/10/2016 - 05:15
( categories: )
PRAZAS VACANTES EN MÓDULOS DE RÉXIME ORDINARIO PARA PERSOAS MATRICULADAS NO RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS 16-17Enviado por prof_mvr o Mar, 04/10/2016 - 02:39
Tal e como indica a : Disposición adicional primeira. Ampliación da oferta do réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario As prazas que resulten vacantes logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de formación profesional, en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2016/17. No seguinte documento poden consultarse os módulos de ordinario nos que existen prazas vacantes que podrán ser ocupadas por ALUMNOS MATRICULADOS NO RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS.
( categories: )
|
Iniciar sesión: Acceso
Buscar |