Anuncios

RECOMENDACIÓNS MATRÍCULA MODULAR CICLOS FORMATIVOS ADULTOS (Presencial e Distancia)

Enviado por prof_mvr o Mér, 28/06/2017 - 03:14

Nos seguintes ficheiros adxuntos, pódense consultar as recomendacións feitas polos Departamentos didácticos de Informática  e Administración para matricularse nos Ciclos Formativos de ADULTOS.

Ditas recomendacións fanse para que o alumno teña en conta que determinados módulos requiren ter coñecementos previos suficientes do contidos doutros módulos para acadar os resultados de aprendizaxe programados para o módulo no que se pretende matricular.

 

Tamén poden consultarse as recomendacións feitas pola Consellería no seguinte enlace Itinerarios formativos para cursar os ciclos formativos polo réxime de persoas adultas

 

OFERTA FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 17-18

Enviado por prof_mvr o Lun, 26/06/2017 - 02:22

No seguinte ENLACE poden cosultarse a OFERTA de CICLOS para o curso 17-18 no noso centro.

CORUÑA LINGUAS 17-18. PROGRAMA DO CONCELLO. PRAZO ABERTO

Enviado por prof_mvr o Mér, 21/06/2017 - 03:51

Aberto o prazo para solicitar a participación no programa CORUÑA LINGUAS para o curso 17-18.

As solicitudes fanse a través da web educativa do Concello da Coruña www.edu.coruna.es

O prazo vais do 19 de xuño ao 30 de setembro

 

INSTRUCIÓNS MATRÍCULA SECUNDARIA 17-18

Enviado por prof_mvr o Lun, 19/06/2017 - 05:55

1º de ESO

2º de ESO

3º e 4º de ESO

1º e 2º de Bacharelato

Próximamente ESAA

Próximamente Bacharelato de Adultos

 

DATAS E HORAS ENTREGA CUALIFICACIÓNS XUÑO 2017.

Enviado por prof_mvr o Ven, 16/06/2017 - 05:12

Neste ENLACE pódense consultar as datas e horas de entrega de cualifiación do final de curso 16-17 convocatoria de xuño

IMPRESOS MATRÍCULA CURSO 17-18

Enviado por prof_mvr o Mar, 13/06/2017 - 06:03

 

SECUNDARIA:

Impreso matrícula ESO

 

BACHARELATO ORDINARIO:

Impreso matrícula 1º bacharelato

Impreso matrícula 2º bacharelato

 

ESAA:

Impreso matrícula ESAA (Presentar do 5 ao 15 de xullo ou do 1 ao 10 de setembro)

2º CURSO DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA:

Impreso matrícula FPB (Presentar ata finais de xullo ou do 1 ao 10 de setembro)

 

BACHARELATO ADULTOS:

Impreso matrícula bacharelato adultos 

 

ADMISIÓN CICLOS 17-18. CALENDARIO-PRAZOS MOI IMPORTANTE. PERIODO ORDINARIO

Enviado por prof_mvr o Mar, 13/06/2017 - 05:03

Publicada Orde de admisión a ciclos formativos para o curso 17-18

 O prazo de admisión de solicitudes vai do 26 de xuño ao 4 de xullo as 13:00

Alumnado de ORDINARIO que promocione para segundo

Cubrir os impresos que se relacionan nesta web no apartado "IMPRESOS DE MATRÍCULA"

O alumnado do centro fai simultaneamente a solicitude de admisión e a matrícula.

O alumando procedente doutros centros ten que facer a solicitude de admisión e logo a matrícula se resulta admitido.

 

O resto de alumnado fará a solicitude seguindo estas instruccións:

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos (dispoñible a partires da apertura do plazo), agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Xa se pode consultar o calendario do proceso de admisión no seguinte ENLACE

MANUAL DO ASISTENTE INFORMÁTICO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN

RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADMITIDO NA 1ª ADXUDICACIÓN É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS

 

PROBAS LIBRES 2017. CONVOCATORIA XORNADA DE ACOLLEMENTO E CALENDARIOS EXAMES

Enviado por prof_mvr o Mér, 31/05/2017 - 06:34

CONVOCADAS POR 

 

ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do15/03/2013)

 

 

A XORNADA DE ACOLLEMENTO TERÁ LUGAR O XOVES 1 DE XUÑO AS 19:30 NA SALA DE USOS MÚLTIPLES. Tal e como recolle o artigo 22.2. (ASISTENCIA OBRIGATORIA)

Segundo a  Disposición adicional segunda. Baixas de oficio

1. Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento a que se refire o artigo 22.2 ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional.

 

Nos seguintes adxuntos pódense consultar os CALENDARIOS para ditas probas nos Ciclos de:

 

Administración e Finanzas

Xestión Administrativa

Desenvolvemento de Aplicacións Web

Reunión Erasmus+ para alumnos de Ciclos Superiores de FP do réxime de persoas adultas

Enviado por lcc o Mér, 31/05/2017 - 05:49

Reunión informativa ERASMUS+ dirixida a alumnos de Ciclos superiores do Réxime de Adultos.

Falarase sobre as Mobilidades Setembro 2017 para facer a FCT no estranxeiro

Día:    Luns, 05-xuño-2017

Hora:  19:00h

Lugar: B02 - Sala de usos múltiples

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar 17-18

Enviado por prof_mvr o Mér, 24/05/2017 - 06:08

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario Solicitude (Anexo I) tamén dispoñoble na secretaría do centro.

O prazo finaliza o 23 de xuño de 2017.

Pódese consultar toda a información en http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Distribuir contido