AnunciosRECLAMACIÓNS AS CUALIFICACIÓNS NO 2º CURSO DE BACHARELATO.Enviado por prof_mvr o Lun, 22/05/2017 - 02:38
Segundo a instrucción CUARTA da Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2016/2017, Esta dirección procede a publicar os plazos a cumplir no caso de presentar reclamacións contra as cualificacións otorgadas no 2º curso de bacharelato na convocatoria ordinaria no curso 2016-17.
( categories: )
EL PAÍS DE LOS ESTUDIANTESEnviado por prof_mvr o Lun, 15/05/2017 - 04:45
En el siguiente enlace puedes consultar la edición elaborada por los alumnos de Lengua Castellana dentro del programa "El País de los Estudiantes". http://estudiantes.elpais.com/periodico-digital/ver/equipo/1263 ( categories: )
ADMISIÓN ALUMNADOESO E BACHARELATO. LISTAXES DEFINITIVOS 17-18Enviado por prof_mvr o Mar, 25/04/2017 - 12:17
Segundo o indica o artigo 31 da ORDE do 12 de marzo de 2013 procédese á publicación das listaxes definitivas. De conformidade co anterior artigo 30.3, as persoas interesadas poderán consultar as listaxes definitivas coa puntuación desglosada dos criterios de baremo na secretaría do centro. Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación( 13 de maio de 2017).
( categories: )
ACOREUROPA VI. 1ª CONVOCATORIAEnviado por prof_mvr o Mar, 04/04/2017 - 11:47
O Concello da Coruña abrirá o luns 3 de abril o prazo para a inscrición no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI.1ª CONVOCATORIA, que permitirá que 25 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia. Inscrición na web educativa do Concello (www.edu.coruna.es) a través dunha ficha específica e presentando a documentación exisida nos rexistros municipais. O proceso de selección dos participantes se desenvolverá durante os meses de abril a xuño e as persoas seleccionadas poderán facer as súas prácticas formativas durante os meses de setembro a decembro de 2017. Nos adxuntos pode consultarse información completa e bases da convocatoria ( categories: )
DATAS E HORAS DOS EXAMES DE PENDENTES A REALIZAR NO MES DE MAIO 2017Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 06:37
No anexo figura o CALENDARIO DE EXAMES E SESIÓN DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIOS CORRESPONDENTES A MATERIAS/ASIGNATURAS/MÓDULOS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES ( categories: )
CALENDARIO EXAMES 3ª AVALIACIÓN e FINAL DOS CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 16-17Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 06:21
No ficheiro adxunto, pódense consultar as datas e horas dos exames da 3ª avaliación e avaliación Final dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas ( categories: )
FIN PRAZO SOLICITUDE PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2017Enviado por prof_mvr o Mér, 22/03/2017 - 03:57
O próximo día 27 de marzo remata o prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 2 de febreiro de 2017, DOG do 27 de febreiro), prégase que no seu Centro se dea a máxima difusión posible desta convocatoria entre o alumnado e as familias que poidan atoparse no ámbito da mesma. A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle ( categories: )
ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2017-18Enviado por prof_mvr o Ven, 03/03/2017 - 07:33
Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2017, ambos incluídos.A solicitude formalizarase:
Só se pode presentar unha única solicitude na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia.Pulsa aquí para consultar as prazas ofertadas no centro. Lexislación aplicable:
( categories: )
|
Iniciar sesión: Acceso
Buscar |