Skip to Content

Blogues

Instrucións para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Publicación conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Sanidade das instrucións para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Comezo das clases

O próximo venres día 9 de setembro comezamos as clases con horario normal.

 

Horario do centro:

Mañás: De 8:30 a 14:10 horas

Tardes (martes): De 16:20 a 18:00 horas

 

O alumnado que sexa usuario de transporte deberá estar na súa parada á mesma hora que en cursos anteriores.  

Proxecto Lingüístico do IES Fernando Esquío

No día de hoxe foi aprobado polo Consello Escolar o Proxecto Lingüístico do noso centro.

Calendario Escolar para o curso 2022-2023

No día de hoxe foi aprobado polo Consello Escolar o Calendario Escolar para o curso 2022-2023.

Contacto para realizar diferentes trámites

Aqueles administrados que necesiten realizar trámites no noso centro educativo deben enviar un correo electrónico á seguinte dirección de correo: ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal. Nel deben indicar o trámite requerido, teléfono de contacto.

Moitas grazas pola súa colaboración

 

 

 

Mércores 20 de xullo serán publicadas as listaxes definitivas do fondo de libros e vales para adquisición de material escolar

 O próximo 5 de setembro de 2022 farase a entrega dos libros aos cursos de 2º ESO e 4º ESO.

Polo de agora non podemos informar do reparto de libros de 1º ESO e 3º ESO pois non chegaron ao centro. No momento que recibamos os exemplares daremos indicacións  para a súa recollida.

Recórdase que está prohibido fotografar as listaxes.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Publicada a convocatoria dos premios de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 24 de agosto e rematará o día 23 de setembro de 2022.

Ligazón

Publicadas as listaxes provisionais do fondo de libros e vales para adquisición de material escolar

Recórdase ás persoas que revisen as listaxes. Está prohibido fotografarlas.

Moitas grazas.

A Xunta abre o prazo para participar no novo programa "DigitalWeek" para mellorar competencias dixitais en inglés.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ten aberto o prazo para participar nesta iniciativa ata o vindeiro 9 de setembro para o alumnado da ESO. A actividade será de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolverase durante unha semana no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo.

 

Ligazón

Libros de texto para o curso 2022-23

Adxúntase a listaxe de libros de texto para o curso 2022-23. 

Distribuir contido


by Dr. Radut