Skip to Content

Blogues

Entroido 2023

Preparándonos para o Entroido con...

 

Concurso de máscaras e Photoco do Obradorio de Papiroflexia.

Bolsas para estadías de inmersión lingüística en inglés

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2023. O prazo remata o día 3 de abril, para máis información premede na ligazón.

Horarios de exames de materias pendentes da 2ª avaliación

No seguinte documento aparecen as datas e horarios das probas de materias pendentes que se realizarán fóra do horario lectivo.

Saída ao teatro do alumnado da ESO e 1º de Bacharelato

O alumnado de todos os cursos da ESO e de 1º de Bacharelato puido desfrutar hai uns días, na Casa da Cultura do Concello, da obra de teatro Alma de tigre, da compañía Elefante Elegante.

Nosas Meninas de Erasmus Dada

 
Durante a estadía no noso centro os días 15 e 16 de xaneiro dos alumnos de Erasmus provintes de Gales, Alemaña e Turquía organizouse nunha actividade plástico-festiva na que, con pincel na man, entrelazaron vínculos e falaron, non sabemos en qué, inglés, alemán ou a lingua dos signos, pero non deixaron de falar. A idea partíu de Carmen Ozema, a nosa artista favorita, quen dispuxo en grupos ao alumnado a compartir arte nuns días nos que o Olimpo caía a chuzos.

Calendario escolar para o curso 2022/23

No día de onte 26 de xaneiro, o Consello Escolar do IES Fernando Esquío aprobou as modificacións do calendario escolar para o curso 2022/23. Estas modificacións foron realizadas seguindo as indicacións da Orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Comezo do período de inscrición ás probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

O período de inscrición ás probas de acceso a ciclos formativos de grao superior remata o 3 de febreiro de 2023.

Máis información

Aclaracións da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa relativas á organización do final do curso 2022/2023

Estas aclaracións publicadas no día de hoxe deben ser aplicadas nas etapas da ESO e de Bacharelato.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut