Skip to Content

Blogues

Datas de matriculación para o curso 2022-2023

Os impresos de matrícula serán entregados cos boletíns de notas (alumnado do centro). Para o novo alumnado os impresos poden ser recollidos en conserxería a partir do 27/06/2022.

Final de curso con relatos e poesía

 
No último día do curso os alumnos de 1º ESO A fixeron unha representación de varios relatos,  os de 1º ESO B un recitado colectivo e unha alumna de 3º ESO A recitou varios poemas do noso compañeiro e profesor de música Paulino Pereiro.
Norabóa por tan boa iniciativa e traballo por parte dos rapaces e as profesoras Mar e Carme.

Recollida de premios EduEmprende

Varios alumnos de 2º ESO B foron premiados no concurso de EduEmprende polos proxectos que presentaron titorizados pola profesora de Iniciativa á Actividade Empresarial, María Sande. Parabéns a tod@s!!!

 

Entrega de boletíns 27/06/2022

Folga de transporte 21/06/2022

Para mañá, día 21 de xuño de 2022, está convocada unha folga de transporte. Haberá servizos de entrada e saída pola mañá aos centros  escolares pois son considerados como servizos esenciais pero pode ser que non haxa transporte escolar pola tarde pois non aparecen reflectidos como mínimos.

 

 

 

Roteiro "O último barco" de Domingo Villar

 
Para rematar o curso, o grupo do club de lectura de adultos achegámonos a Moaña e Vigo para darlle unha homenaxe a Domingo Villar recentemente falecido.
Grazas á Asociación A illa dos ratos percorrimos as localizacións en Moaña, e Óscar, o noso guía, nos fixo lembrar moitos dos momentos relevantes na novela, grazas ao seu entusiasmo volvemos a ver a vila desde os ollos de Leo, incluso os de Estevez esperando os ladridos dalgún can no contorno.

Nova convocatoria probas de certificación lingüística

Tal e como comentabamos hoxe, xa saíu a convocatoria de probas de certificación da Xunta polo que achegamos a información das probas Trinity tal e como as tivemos o curso pasado.

Tedes de prazo un mes desde a publicación da convocatoria que saíu o 16 de xuño, é dicir, ata o vindeiro 16 de xullo, pero adiouse ata o 23 de setembro.

Andaina polo Río Belelle. Coñecendo o entorno de Neda

O alumnado de 3º e 4º de ESO realizou unha andaina polo río Belelle para coñecer a fondo o entorno de Neda. Boa camiñata, rapaz@s!

 

Probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia informa da convocatoria das PROBAS DE ACCESO 2022/23, para os Graos en Dirección Escénica e Dramaturxia (12 prazas), Grao en Escenografía (12 prazas) e Grao en Interpretación (24 prazas). As datas son as seguintes:

Inscrición: ata o 23 de xuño
Inicio das probas: 4 de xullo

Distribuir contido


by Dr. Radut