Skip to Content

Blogues

Convocatoria de Bolsas do MEFP para o curso 2023/24 (Recordatorio)

O Ministerio de Educación e Formación  Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023 o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

- Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

- Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:

Ligazón

Viaxe a Londres 2023

 Este é un resumo dos momentos máis representativos da viaxe, ademais dos vídeos que mostran a nosa estancia na capital británica, o enlace coa galería de fotos a atoparedes na aula virtual:

Mércores 19 Madame Tussauds’

Xoves 20 Tour guiado pola cidade

I Concurso Marcapáxinas Letras Galegas 2023

Leede as bases e non deixedes de participar. As plantillas volas facilitarán os vosos profesores de galego, debuxo ou ben as podedes atopar na biblioteca.

Calendario final de curso 2022-2023

O xoves 27 de abril de 2023 foi aprobado o calendario final de curso no Claustro e no Consello Escolar do IES Fernando Esquío.

Xornadas con Familias na Casa da Cultura de Fene

O 8 de maio  de 2023 na Casa da Cultura de Fene terá lugar a Xornada con Familias "Resolución de conflitos".

O prazo de inscrición remata o 5 de maio de 2023.

Desconvocada a folga de transporte escolar

Queda desconvocada a folga de transporte escolar prevista para este xoves e venres (27 e 28 de abril de 2023). 

Prematrícula curso 2023-24: Oferta educativa 4º ESO e Bacharelato

A continuación, e nun arquivo adxunto, podedes atopar a oferta educativa do centro para 4º de ESO e Bacharelato, para que valoredes as vosas posibles escollas antes de realizar a prematrícula para o vindeiro curso.

No outro documento adxunto atoparedes os parámetros de ponderación das materias das que vos examinaredes na ABAU para o acceso ás ensinanzas universitarias do Sistema Universitario de Galicia. 

   

Convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato Convocatoria 2022-2023

Mañá, 26 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2022-2023 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 3 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes é do 26 de abril ata o 25 de maio.

Pode accederse á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Convocados os premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Máis información

Unha música no insti!

 

 

A partir de mañá, o noso insti formará parte do proxecto artístico "Unha música no insti!" que está pensado para xente moza e consiste na creación de diferentes murais de pequeno tamaño espallados en diferentes centros de ensino co obxectivo de familiarizar ás novas xeracións coas mulleres referentes da nosa música. Esta idea foi galardoada no Premio "Luísa Villalta" de proxectos pola igualdade convocado pola Deputación da Coruña. 

Distribuir contido


by Dr. Radut