Skip to Content

Blogues

Visión do corpo durante a RCP en 3D

Tras a charla sobre a RCP e outros procedementos que salvan vidas, sería interesante que vírades a importancia de aplicar a intensidade e ritmo correctos, mirade de que xeito podemos marcar a diferencia e como a nosa intervención pode non servir para nada.

Charla-taller sobre primeiros auxilios

Hoxe, tanto profesorado do IES, como o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-taller sobre primeiros auxilios impartida por un médico do 061. Nela explicounos como proceder cando unha persoa se atopa inconsciente, como realizar a reanimación cardiopulmonar, como manexar un desfibrilador semiautomático e como actuar fronte a un caso de atragoamento, tanto en adultos coma en lactantes.

 

 

Materias do Departamento de Bioloxía

No seguinte tríptico tedes unha breve explicación sobre as materias que oferta o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía na etapa do Bacharelato.

Charla sobre doazón de tecidos e órganos

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu hoxe a unha charla impartida por persoal médico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na que puido aprender sobre a doazón de tecidos e órganos, sobre o rexeitamento que se produce nos trasplantes, así como sobre que hai que facer para convertirse en doador.

 

 

Proxectos 1º ESO CURSO 22/23

Premios do primeiro concurso de postal científica de Nadal

O día 21 de decembro, no festival de Nadal do IES Fernando Esquío, coñecimos os nomes dos gañadores do primeiro concurso de postal científica de Nadal. Parabéns aos premiados e moitas grazas a todos por participar!

 

Festa de despedida do 2023

 

Recomendacións de lecturas para o Nadal

 
Se queredes lelo cos enlaces premede aquí.

Os nosos alumnos no concerto de Ramón Gener

A Sociedade Filarmónica de Ferrol regaloulle unhas entradas para que os nosos alumnos de música asistiran ao concerto de Ramón Gener.

Toda unha experiencia!

Distribuir contido


by Dr. Radut