Skip to Content

JAVIER ORDÓÑEZ RECOLLE UNHA DAS BOLSAS JUAN LAMPÓN

Hoxe entregáronse no IES da Pobra as XI Bolsas que recordan á figura de Juan Lampón,  alumno e deportista que faleceu nun tráxico accidente cando competía nunha regata.

Este ano, Javier Ordóñez Muñiz, alumno de 2º de ESO foi un dos premiados, demostrando que a paixón polo deporte non está reñida co rendemento académico.

Javier, campeón galego e de España en piragüismo, recibeu esta beca de 250 euros para material escolar, deportivo ou cultural de mans da nadadora Aida García.

Noraboa a todos os premiados!

Probas Acceso a Ciclos de Grao Medio

05/04/2016 10:01
Europe/Madrid

Aberto o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclo medio.

Remata o 15 de Abril.

Requisitos: Ter 17 anos ou estar no ano en que se cumpren.

Adxunto o Calendario das probas, e o enlace para descargar o folla da inscripción.

 

Bolsas Fundación Música Creativa 2016-2017

Bolsas para facer estudios musicais profesionais na Escola de música creativa.

Prazo: ata o 17 de Abril.

Toda a información aquí.

Bolsas Fundación Música Creativa 2016-2017

Bolsas para facer estudios musicais profesionais na Escola de música creativa.

Prazo: ata o 17 de Abril.

Toda a información aquí.

Viaxe a Monfragüe 2015

PROBAS LIBRES DE CERTIFICACIÓN EN ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Prazo: ata o 14 de Abril de 2016.

Documentación: Preme aquí.

Trámites: Preme aquí.

"RECORDANDO AO ALZHEIMER"

O día 17 de marzo o Equipo da Biblioteca, coordinado por Esperanza Sánchez, organizou unha charla sobre o Alzheimer a cargo da directora de AGADEA, do concello de Ribeira. A ponencia foi brillante e a súa exposición servíunos a todos para coñecer e, sobre todo, entender esta enfermedade tan presente e frecuente hoxe.

Grazas Noelia!

 

 

 

ENTREVISTA NA BIBLIOTECA ÁS GAÑADORAS DA OLIMPIADA FILOSÓFICA

As gañadoras da Olimpiada Filosófica Galega, Amanda Mariño e Alicia e María Fernández foron hoxe as protagonistas da Bibliomuriel. Entrevistóunas unha periodista da voz de Galicia, baixo a mirada aenta do seu profesor de filosofía, Rafael Saco.

Unha vez máis NORABOA AOS TRES!

 

 

TALLER DE ESCRITURA CUNEIFORME

O equipo da Bibliomuriel, baixo a supervisión da profesora e membro do noso grupo dinamizador Esperanza Sánchez organizou unha xornada de escritura cuneiforme, ao cargo  do especialista o profesor Pedro Blanco Rubio, do Instituto Bíblico Oriental de León. Á dita actividade asistiron todos os alumnos de 1º de ESO e os de Grego de 1º de BAC. Un éxito!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut