Hoxe entregáronse no IES da Pobra as XI Bolsas que recordan á figura de Juan Lampón, alumno e deportista que faleceu nun tráxico accidente cando competía nunha regata.
Este ano, Javier Ordóñez Muñiz, alumno de 2º de ESO foi un dos premiados, demostrando que a paixón polo deporte non está reñida co rendemento académico.
Javier, campeón galego e de España en piragüismo, recibeu esta beca de 250 euros para material escolar, deportivo ou cultural de mans da nadadora Aida García.
Noraboa a todos os premiados!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LAMPÓN.jpg | 27.24 KB |