Skip to Content

Libros de texto. Curso 2024-2025

Achégase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso académico 2024-2025.

Por favor, teñan en conta as indicacións relativas a algún dos libros en que se recomenda agardar a setembro.

Entrega cualificacións ESO

O día 26 entregaranse as cualificacións ao alumnado da ESO no seguinte horario:

 

1º ESO, 2º ESO e 3º ESO: 10:00 horas na súa aula de referencia.

4º ESO: 11:00 horas no Salón de actos.

 

NOTA IMPORTANTE. É moi importante recoller esta documentación en papel xa que o Consello Orientador non aparece no ABALAR e nel infórmase da proposta de inclusión da/o alumna/o no programa PDC ou en FP Básica e disponse de moi pouco tempo para aceptar ou non a proposta en cada un deses casos.

Datas matrícula curso 2024-2025

As datas para a matrícula no IES Félix Muriel son as que se sinalan a continuación:

 

  • 1º ESO: 26 de xuño
  • 2º ESO: 27 de xuño
  • 3º ESO: 28 de xuño
  • 4º ESO: 1 de xullo
  • 1º BAC: 2 de xullo
  • 2º BAC: 2 de xullo
  • CICLO: do 24 de xuño ao 4 de xullo

 

 

Probas extraordinarias 1º Bacharelato

Achéganse as datas e horas das probas extraordinarias de 1º Bacharelato.

Programacións didácticas

A partir deste curso -2023-2024- as programacións didácticas poderanse consultar na plataforma Proens. Para acceder a elas teñen toda a información na seguinte ligazón de Oferta Educativa: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/taxonomy/term/280

 

Probas extraordinarias Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Durante este mes de xuño e seguindo a normativa establecida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia terá lugar no IES Félix Muriel a convocatoria extraordinaria do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

As probas realizaranse na Aula taller do Ciclo e os días e horarios serán os seguintes:

1º CURSO:

- Mércores 19 de xuño:

8:30 horas: proba teórica de Atención Sanitaria.

11:20 horas: proba teórica e práctica de Atención e Apoio Psicosocial.

- Xoves 20 de xuño:

8:30 horas: proba de Formación e Orientación Laboral.

10:30 horas: proba de Características e necesidades das Persoas en Situación de Dependencia.

- Venres 21 de xuño:

8:30 horas: proba práctica de Atención sanitaria 

13:20 horas: Apoio domiciliario.

2º CURSO:

- Mércores 19 de xuño:

10:30 horas: proba de Organización da Atención ás PSD.

12:30 horas: Primeiros Auxilios.

- Xoves 20 de xuño:

8:30 horas: Destrezas sociais.

10:30 horas: Atención Hixiénica.

13:20 horas: Teleasistencia.

A información está colgada no taboleiro de FP do centro.

Graduación 2º Bacharelato

O pasado sábado, 8 de xuño, tivo lugar a celebración da graduación do alumnado de 2º Bacharaleto. Despois de todos estes anos compartindo espazos, aprendizaxes, risos, angustias, viaxes... é o momento de deixar que continuedes os vosos camiños e vaiades na procura da vosa Itaca.

Parabéns a todas e a todos.

Solicitude admisión Ciclo Formativo curso 2024-25

O IES Félix Muriel conta cunha oferta de Ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario moi interesante:

- FP grado Básico de Actividades Domésticas e Limpeza de edificios

- FP grado Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Para poder formar parte da nosa comunidade educativa podes presentar a túa solicitude de admisión para o Ciclo medio de formación profesional para o curso 2024-2025 a partir do 24 de xuño ás 9 horas e ata o 4 de xullo ás 13:00 horas.

A solicitude debe realizarse utilizando o asistente informático dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp . Nesta mesma páxina está dispoñible toda a información do proceso de admisión.

O alumnado que ten xa ten a súa praza garantida por pasar de 1º curso a 2º curso do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia no noso centro debe achegar á Secretaría do IES o anexo I cuberto no mesmo prazo (do 24 de xuño ao 4 de xullo).

Datas probas extraordinarias 2º BACHARELATO

Achéganse as datas e horarios das probas extraordinarias das materias de 2º de Bacharelato e as pendentes de 1º de Bacharelato.

Convocatoria Axudas material escolar

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria de axudas para material escolar para o vindeiro curso.

A solicitude farase preferiblemente electrónicamente a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), que pode atoparse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo de solicitude remata 0 21 de xuño (incluído).

Toda a información en: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut