O IES Félix Muriel sumouse á formación sobre proxectos internacionais eTwinning. Foi por iso polo que acudiu á I Conferencia Nacional eTwinning 2022 celebrada en Madrid os días 21, 22 e 23 onde, á parte de nos formar na creación deste tipo de proxectos internacionais, puidemos contactar con centros doutras partes de España para poder elaborar proxectos conxuntos nun futuro próximo.
Así mesmo, asistiuse ao Seminario Bilateral Portugal-Espanha realizado en Guimarães os días 24, 25 e 26 de novembro onde puidemos elaborar un proxecto con centros de ensino portugueses e españois e que terá como elemento principal o mar.
A intención do centro é irmonos incorporando pouco a pouco ás escolas eTwinning e que o noso alumnado poida coñecer novas culturas e novos compañeiros e compañeiras realizando traballos conxuntos.