A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade vén de publicar na súa web a resolución de centros beneficiarios para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023. No anuncio da convocatoria ofertaba prazas para acreditación para o alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato e 1º e 2º de ciclo, pero na resolución (que xunto a esta nova), para o IES Félix Muriel só autoriza 12 prazas para o alumnado inscrito que cursa 2º de Bacharelato e 1 praza para o alumnado de 2º de ciclo medio, deixando fóra da acreditación ao alumnado anotado para as probas que cursa 4º ESO, 1º de Bacharelato e 1º de ciclo.
Pódense ver as prazas autorizadas na páxina 7 da resolución adxuntada.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexo_i_listaxe_provisional_acreditacion_centros_publicos.pdf | 93.94 KB |