As cualificacións da avaliación ordinaria de 2º de Bacharelato serán publicadas en Xade o día 15 de maio ás 20:00 horas.
O alumnado que titule na avaliación ordinaria e desexe presentarse ás ABAU deberá pasar pola Administración do centro o día 16 de maio co fin de recoller toda a documentación necesaria, xa que os prazos son moi axustados.
Por outra banda, o día 16 poderán revisar as probas que consideren co profesorado nas súas horas de atención, nos recreos ou nas horas lectivas de 2º BAC.
As reclamacións ante o Departamento poderase presentar os días:
20 de maio en horario de 10:00 a 13:00 horas.
21 de maio en horario de 8:30 a 13:00 horas.
O día 22 comunicaranse as resolucións do Departamento correspondente e o prazo de reclamación ante a Xefatura Territorial será os días 23 e 24 de maio en horario de 9:00 a 13:00 horas na Administración do centro.
Premendo nos enlaces é posible acceder aos modelos de reclamación: