Hoxe recibimos a visita de Cristina, Pablo, Raúl e Borja, da asociación Arousa Moza. Viñeron invitar aos nosos rapaces e rapazas a participar nun encontro que están preparando para o 19 de novembro dentro do proxecto europeo Iniciativa xove. Trátase de que a xuventude de Vilanova propoña ao concello accións de mellora relacionadas cun ocio máis atractivo e san.
Ademais, Raúl e Borja faláronnos do seu paso polo concurso Reacción en cadena, no que participan co propósito de recadar fondos para conseguir un local propio no que levar a cabo todas as actividades que organizan para a mocidade da comarca. Foi un pracer coñecer a esta xente nova tan comprometida co benestar da nosa mocidade.
Animados polo profe Adolfo, Mateo, Gerardo e Íker tomaron a iniciativa de crear o Club de Xadrez do Faro das Lúas. A súa intención é a de organizar torneos entre o noso alumnado e, quen sabe, tal vez competir contra outros centros da contorna.