Skip to Content

CHARLA SOBRE ALTAS CAPACIDADES

A Asociación DiverXentes Altas Capacidades Galicia organiza unha charla-coloquio co título de "Familia, escuela y alta capacidades". Terá lugar o vindeiro 4 de novembro no salón de actos da Biblioteca municipal de Marín, de 11:00 a 13:00. Dirixida a familias e docentes, ben seguro que resuiltará de moito interese. Deixámosvos aquí o cartaz de promoción da actividade:

 

ACTIVIDADES DO SAMAÍN 2023

O vindeiro martes 31 de outubro pola tarde celebraremos o Samaín, unha festividade de orixe celta moi arraigada en Galicia. Haberá actividades variadas e moitos disfraces aterradores. Animamos a todo o alumnado a participar!

PREMIOS "ATRÉVETE A TER UNHA IDEA"

A finais do curso pasado, as alumnas Uxía García Blanco, Celia Amoedo Fandiño e Aroa Charlín Fariña enchéronnos de ledicia ao resultar premiada a súa idea de negocio, coa que participaron no certame "Atrévete a ter unha idea" que organiza a Xunta de Galicia para promover o emprendemento entre o alumnado galego. A súa proposta, chamada "Children's books", consiste na creación dunha plataforma de publicación de libros para a rapazada menor de idade. Este mércores 18 de outubro achegáronse ata Santiago para recoller o premio, acompañadas polas profesoras Raquel Fdez. Parada, coordinadora do proxecto, e Andrea Bugallo, así como polos compañeiros e compañeiras de 2º  da ESO que participaron no certame. Parabéns ás rapazas premiadas, e a todo o alumnado participante!

O Diario de Arousa fíxose eco da noticia, que podedes ler nesta ligazón: Diario de Arousa

                      (Preme aquí para acceder ao álbum de fotos e vídeos)

SAÍDAS DIDÁCTICAS DO ALUMNADO DE 3º ESO

Os pasados 10 e 11 de outubro o alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de participar en dúas actividades extraescolares moi interesantes e enriquecedoras. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo:

 

PROBAS DE ACREDITACIÓN DE NIVEL LINGÜÍSTICO

Xa está aberta a inscrición nas Escolas Oficiais de Idiomas para as probas libres de acreditación de nivel lingüístico. O prazo é ata o 20 de outubro ás 12:00 a.m e terá que realizarse a través da seguinte aplicación:

https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/

As probas celebraranse no mes de xaneiro de 2024.

Na EOI de Vilagarcía o alumnado poderá matricularse para realizar as probas dos seguintes idiomas e niveis:

   Alemán: A2, B1, B2.
   Francés: A2, B1, B2, C1.
   Galego: A2, B1, B2, C1
   Inglés: A2, B1,B2, C1
   Italiano: A2, B1, B2, C1.
   Portugués: A2, B1, B2, C1

Tedes máis información sobre a inscrición, as taxas, o calendario de exames, as probas modelo e guías para as persoas candidatas na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/eoivilagarcia/?q=node/160

Distribuir contido


by Dr. Radut