Skip to Content

Escolares

DETRÁS DOS ENCHUFES

1º de ESO EN PALEXCO

O pasado venres 10 de xaneiro, o alumnado de 1º de ESO acudiu a visitar a exposición organizada no Palacio de Congresos y Exposiciones da Coruña por Red Eléctrica Española Unha autoestrada detrás do enchufe. A exposición ten por obxecto que os asistentes comprendan todo o proceso implicado na produción de electricidade, desde a xeneración da enerxía ata a súa transmisión aos nosos fogares ou aos diferentes usos que lle damos na nosa vida cotiá. Pablo Cobas e Carla Rodríguez acompañaron aos nosos curiosos estudantes e quixeron se retratar con eles.

01020611
1310

Foi unha visita ¡electrizante!

ENSAIOS DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

17 de xaneiro, 2020
09:30 horas
Vento do leste e choiva intensa 

Grupo expedicionario de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e 2º de ESO do IES Elviña comandados polas xenerais de brigada Gemma López e Ana Rivera. Saíron en misión de aprendizaxe cara o Pazo da Ópera da cidade.

Misión: asistir á escoita (e desfrute) dun concerto de música clásica da OSG comandado polo director holandés Otto Tausk.
En programa: a estrea mundial da obra "sol, quizás, o nada" (título moi axeitado para este día) do compositor Hugo Gómez Chao e o  Concerto para dous pianos do compositor francés Francis Poulenc. Foron solistas os irmáns Lucas e Arthur Jussen, que tiveron moito éxito (non só musical). Amabilísimos, accederon a retratarse cos rapaces.

Misión cumprida con éxito!

010304

BUS HUAWEI NO IES ELVIÑA

 

Bus Huawei-1

     O luns e martes tivemos no aparcadoiro do centro un pouco típico visitante: un autobús educativo da compañía de tecnoloxías da información Huawei. O instituto concertou para estes días con este famoso xigante chinés das telecomunicacións esta visita en colaboración con CEIP Alborada. O Smartbus Huawei é un vehículo acondicionado coma aula de informática na que o alumnado interactúa con diversas actividades preparadas para informar da ciberseguridade, baixo o lema compartesinarriesgarte. O noso alumnado de 1º e 2º de ESO visitaron as súas instalacións.

bus-2
bus-03

BADALADAS DE FIN DE ANO DESDE O IES ELVIÑA

Festival de fin de trimestre

O día 20 de decembro remataron as aulas do ano 2019. Triste circunstancia que celebramos cun alegre festival, no que cantamos e bailamos, como correspondía coa xornada. O plantel do festival deste ano non desmereceu, de feito, máis de un (e de unha) quedou abraiado coa calidade das voces e das interpretacións musicais. No IES Elviña hai talento á esgalla.

Festival

Felicidades para o ano novo

     E despois do festival, chega o fin de ano! Como non podía ser menos, celebrámolo tomando as uvas noutro programa especial da Elviña Broadcasting Corporation. Que vostedes o desfruten!

 

ACTIVIDADES DE DECEMBRO

Curso de
primeiros auxilios
 

     Con catorce ou quince anos xa vai sendo hora de que os rapaces e rapazas vaian aprendendo a salvar vidas... Por esta causa, o Departamento de Educación Física, comandado polo seu intrépido capitán Francisco Pérez decididu solicitar os servizos de Federico, ousado monitor de Protección Civil, para dar unhas clases a todos os grumetes de 3º e 4º de ESO da nosa educativa fragata. Practicaron reanimacións e outras técnicas varias. Ás fotos nos remitimos... 

Auxilios123
456


Actividades do
Dpto. de Orientación

Transexualidade     Entre todas as actividades de novembro e decembro, a nosa orientadora Ana Rivera quíxolle facer un oco á reflexión sobre a igualdade de xénero e, moi especialmente, adicar esta reflexión ao colectivo trans (transxénero e transexual). No marco do Plan de igualdade e do Proxecto marco pola igualdade acudiu ao noso centro a ponente Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas (Asociación de familias de menores trans) para dar unhas charlas dirixidas a todo o alumnado do centro sobre transexualidade na infancia e na adolescencia. Fermosa iniciativa en prol da igualdade e do respecto.

     Como as charlas informativas souberon a pouco, a orientadora preparou tamén outra actividade para o alumnado de Bacharelato. Esta vez no marco do plan de orientación universitaria para o alumnado que remata xa o seu ciclo de estudos de secundaria (e que sexa venturosamente!). Aproveitouse, polo tanto, a 14ª feira das universidades UNITOUR celebrada en Palexco o día 18 de decembro baixo o patrocinio de Círculo Formación, boa ocasión para abrir as mentes do alumnado ás finitas posibilidades do non lonxano futuro académico. Aí tedes as fotos do alumnado posando para a ocasión con Ana e Alberto. Hai que recoñecerlles que dan ben nos retratos!

123


Tecnoloxía e
"Quenda seguinte"

E para rematar, un concurso. O Departamento de Tecnoloxía convocou para o mes de decembro o concurso científico Quenda seguinte en 4º curso de ESO. A bo seguro que o alumnado participante amosará a súa sabedoría na matemática e na ciencia. Polo pronto, velaí tedes aos profesionais presentadores da velada Brais, Adrián e Paula, no vídeo promocional para a Elviña Broadcasting Corporation.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut