1º de ESO EN PALEXCO
O pasado venres 10 de xaneiro, o alumnado de 1º de ESO acudiu a visitar a exposición organizada no Palacio de Congresos y Exposiciones da Coruña por Red Eléctrica Española Unha autoestrada detrás do enchufe. A exposición ten por obxecto que os asistentes comprendan todo o proceso implicado na produción de electricidade, desde a xeneración da enerxía ata a súa transmisión aos nosos fogares ou aos diferentes usos que lle damos na nosa vida cotiá. Pablo Cobas e Carla Rodríguez acompañaron aos nosos curiosos estudantes e quixeron se retratar con eles.
Foi unha visita ¡electrizante!