Actividades

MARATÓN CULTURAL

Xa queda pouco para que comece o MARATÓN CULTURAL organizado pola biblioteca.

Por se non vos chegou a información aquí vos deixamos as bases.

APUNTÁDEVOS NA BIBLIO!!!!

maratón cultural

Gañadores do concurso de"marcapáxinas"

Aquí tedes as fotos dos premios e dos premiados no divertido concurso de marcapáxinas: "Namórame".

Noraboa a :

  • Cristal Camafreita Rey
  • Lorena Martínez Lara e
  • Diego Veiga García

        

 

30 de xaneiro: DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Con motivo do día da paz o noso centro quere aportar un pequeno gran de area cunha exposición dos libros máis relevantes  cos que contamos entre os nosos fondos xunto cunhas breves recensións sobre eles para intentar concienciar á nosa comunidade da importancia que un mundo en paz ten  para o normal desenvolvemento da nosa sociedade.

Celebramos este acontecemento o día no que un dos maiores pacifistas do mundo Mahatma Gandhi foi asasinado por un fanático hinduísta.

Acompañamos este texto cun vídeo  que o Seminario Galego de Educación para a Paz fixo para celebrar o seu 25 aniversario no 2010 e unha curta de ficción “POR NADA” que ilustra con abraiante craridade  o tan importante tema do “ciberacoso” .

Os profesores que estean interesados en t)raballar este tema teñen na páxina web do Seminario ( http://www.sgep.org/) acceso ao material para traballar dita curta.

 

NORMAS DA BIBLIOTECA

Os compañeiros de atención educativa de 2º da ESO prepararon ás ordes de Gonzalo este útil vídeo para axudarvos a facer un mellor uso da biblioteca.

Espero que vos preste.

 Premede no enlace de abaixo ou ben ide ao noso blog para velo 

 NORMAS DA BIBLIOTECA DO IES PONTECESO from biblioaponte on Vimeo.

24 de Outubro: Día Internacional das Bibliotecas Escolares

 

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 

Este ano, como en anteriores ,queremos celebrar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares lembrándovos  o afortunados que somos por formar parte dunha sociedade na que a cultura está tan e  perto de nós , e para amosárvolo facemos unha pequena homenaxe  áchegándovos un fermoso vídeo dunha biblioteca rural nun país hispanoamericano.

Tamén preparamos unha actividade de FORMACIÓN DE USUARIOS para que os máis pequenos vos manexedes na biblioteca

Esperamos que vos guste.

 
Distribuir contido