ORIENTALINE
Actualidade
O IES Eduardo Pondal dá o dó de peito
O IES Eduardo Pondal de Ponteceso estreou , no Salón de Actos do Instituto, a obra "Furacán de emocións" da compañía de ópera "Area Constelación ", o luns 10 de xuño para a comunidade educativa, e o 17 de xuño para as familias.
Esta ópera pertence ao Proxecto Lóva, promovido polo Teatro Real e o CAFI, e grazas tamén ás axudas do Contrato Programa "Emocióna-T" da Conselleria de Educación.
Convertemos toda a actividade da aula nun complemento do núcleo emocional, personal e colectivo, desnde o primeiro ata o último día de clase, traballando as emocións.
Parabéns polo traballo rapazada!
Queredes ver a ópera? Pinchade aquí.
ENCONTRO DE COMPAÑÍAS CO PROXECTO LÓVA
O pasado 31 de maio a nosa compañía Area Constelación asistimos ao Gaiás para amosar parte do noso traballo durante todo este curso . Este encontro foi organizado polo Teatro Real
15 anos de Lóva
O 22 de novembro algúns dos nosos alumnos de 2º ESO B nos representaron nun coloquio, que se celebrou , vía streaming, desde o Teatro Real de Madrid, co motivo dos 15 anos que se cumpliron do proxecto innovador na educación Lóva (La ópera como vehículo de aprendizaje), que se está a levar a cabo no noso centro por primeira vez.
Link de todo o coloquio: