ORIENTALINE
Xa temos carné xove!
O noso alumnado xa pode presumir de ter o seu Carné Xove. Na mañá do xoves 11 recibimos a visita de Fernando Rodríguez, da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, para impartir un obradoiro sobre información e programas para a xuventude ao alumnado de 3o ESO PDC, no marco do Plan Proxecta “Correspondentes Xuvenís”.
Ademais, aproveitouse a ocasión para ofrecer o Carné Xove á rapazada que o quixese. Tamén trouxo carnés de alberguista para o alumnado do equipo de convivencia “Tecendo Pontes”, que na primavera viaxará a Madrid para un intercambio co IES Miguel Catalán de Coslada.
A iniciativa foi todo un éxito xa que se fixeron ducias de carnés “Correspondentes Xuvenís” é un Plan Proxecta que se desenvolve durante este curso no IES Eduardo Pondal. O seu obxectivo é formar voluntariado entre os alumnos e alumnas participantes para difundir a información entre iguais, de xeito que sexa a propia rapazada quen selecciona e difunde a información que poda ser do seu interese.