Infórmate

 

Cambio de data da actividade "Noite de estrelas"

Por razóns meteorolóxicas, adiántase a actividade "Noite de estrelas" ao luns, 18 de novembro ás 20:00 H.

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

 O prazo de presentación de candidaturas para os distintos sectores(familias, profesorado, alumnado e persoal non docente) será do 01 ao 08 de novembro. A solicitude será presentada na administración do centro. O modelo de solicitude pódese solicitar en conserxería ou ben descargalo aquí. Prema no título desta información para ter acceso a máis información.

 

 

 

 

 

O TUNEL DO TERROR

Alumnado e profesorado do Pondal desfrutaron dun arrepiante Samaín no Tunel do Terror do centro.

Achegámosvos un par de artigos de prensa nos que se valora o éxito de crítica e público desta terrorífica experiencia.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/vivir-santiago/2024/10/29/instituto-santiago-atraviesa-hoy-tunel-terror-span-langgl-do-samain-vindose-arribaspan/00031730205644604306660.htm

https://www.elcorreogallego.es/santiago/2024/10/30/cemiterio-unha-pitonisa-tunel-do-110830644.html

 

O EDUARDO PONDAL, PREMIADO POLO ESPÍRITO EMPRENDEDOR E CREATIVO DO ALUMNADO

Na imaxe, as catro premiadas do IES Eduardo Pondal e a coordinadora do programa, Noelia Negreira, á dereita

 

Catro alumnas de segundo da ESO do colexio compostelán idearon unhas gafas que se adaptan ás necesidades do usuario e que permiten cargar dispositivos con enerxía solar.

 

O proxecto ‘Vistas Futuristas’ do IES Eduardo Pondal levou o centro a ser o único de Santiago premiado no certame Atrévete a ter unha idea, unha iniciativa enmarcada no Plan Eduemprende da Xunta que promove dende hai unha década o emprendemento entre os escolares. En concreto, foi un dos tres colexios recoñecidos na modalidade grupal de Secundaria, sendo un total de 77 alumnos de 11 centros os que viron premiadas as súas ideas de negocio.

A idea consistiu na creación dunhas gafas con micropaneis solares para captar a luz solar que tamén incluían unha batería para almacenar enerxía. “Aproveitaban ademais a enerxía cinética que se xera ao facer deporte que xunto coa solar transformábase en eléctrica cun microxerador. A enerxía eléctrica obtida podían usala para estudar acendendo unha pequena bombilla ou ben para cargar un teléfono móbil”, conta en conversa con EL CORREO GALLEGO Noelia Negreira, profesora de Física e Química no Eduardo Pondal e coordinadora do programa EduEmprende no centro.

A profesora concreta que o alumnado desenvolve ideas innovadoras que poden chegar no futuro ao mercado, “pero non se inclúe unha elaboración dun produto final”. En calquera caso manifesta que o feito de que o alumnado mostre interese en desenvolver estas ideas “pode facer que no futuro se convertan en emprendedores”. Niso céntrase o obxectivo básico que persegue este programa.

Levouse a cabo por parte de alumnado de segundo da ESO durante algunha sesión da materia de Física e Química e nalgunha titoría, se ben foron necesarias horas de tempo libre do alumnado. “Proporcioneilles unha serie de indicacións na aula e debatemos, pero logo eles desenvolveron o traballo pola súa conta”, relata.

Dos 25 alumnos de segundo de Secundaria foron catro alumnas as gañadoras, aínda que se presentaron ao concurso 11 máis, algúns de forma individual e outros en grupos. “Todas as ideas foron encamiñadas á sostibilidade, o que estaban estudando na aula. Aproveitaron coñecementos abordados como o tipo de enerxías, transferencias e transformacións e a partir de aí foron desenvolvendo as ideas”, detalla.

Nun primeiro momento Noelia tivo que solicitar a participación no programa redactando unha proposta de traballo co alumnado que consistía nunha serie de actividades centradas no emprendemento. Desenvolveu, ademais, algunhas presentacións xunto con algún coloquio na clase, e tamén se organizou unha visita a unha empresa “para ir motivando ao alumnado a crear as ideas emprendedoras”. Nunha parte deste programa incluíase o concurso 'Vistas Futuristas' dirixido unicamente ao alumnado.

En agosto a Consellería de Educación deu a coñecer os proxectos premiados. No caso do Eduardo Pondal, ao ser un proxecto grupal, será unha experiencia multiaventura. No caso dos recoñecidos de forma individual recibirán un dispositivo dixital. Foi este venres ás 11.00 horas no CIFP Compostela, segundo informou Educación, cando se ralizou un acto de entrega de premios.

A profesora móstrase satisfeita dos resultados. “O feito de que o alumnado se animara a presentar as ideas para min xa foi moi gratificante porque demostra que se senten motivados e implicados”, sinala.

O recoñecemento obtido destaca, en palabras de Noelia, un compromiso coa innovación e emprendemento no ámbito educativo. “Anima a presentarse en próximas convocatorias e seguir promovendo este tipo de iniciativas en sucesivos cursos. Sempre é importante manter o espírito emprendedor e creativo do alumnado”, conclúe.

 

El Correo Gallego, 4 de outubro de 2024

ORDENADORES EDIXGAL (FOLLETO DE INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS)

Folleto informativo sobre EDIXGAL da Consellería de Educación

LIBRO DIXITAL (INGLÉS, 1º e 2º ESO)

O alumnado de 1º e 2º ESO vai utilizar libro dixital na materia de Inglés (Options1 en 1º da ESO e Options2 en 2º). Para adquirir a licenza é necesario entrar na seguinte ligazón, rexistrarse como alumno na e-shop e indicar o centro, o curso e o libro.

O prezo da licenza é de 6,35 €

SOLICITUDE DE ORDENADORES DE PRÉSTAMO (2024/25)

Co obxecto de paliar as posibles situacións de risco de fenda social dixital, o centro ofrece en préstamo algúns ordenadores portátiles para o alumnado de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º BAC que non dispoña de medios tecnolóxicos no seu fogar.

Formulario de solicitude 

 

LIBROS DISPOÑIBLES (1º e 2º ESO)

O centro ten algúns exemplares dos libros de 1º ESO de Lingua Galega e Bioloxía e Xeoloxía, así como de Lingua Galega de 2º ESO.

Como nós non podemos empregar criterios de renda, o reparto destes libros farase por estricta orde de solicitude entre as familias interesadas: asignaremos un libro por familia ata agotar as existencias. Por favor, enviade unha única solicitude.

Formulario

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (listaxe definitiva)

Publicada a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros, que pode ser consultada de xeito telemático na propia aplicación Fondolibros ou ben de xeito presencial no taboleiro do noso centro.

Powered by Drupal - Design by artinet