Parabéns para a nosa alumna Rosana Belmonte Iglesias, de 1º da ESO, que acaba de gañar o 2º premio (categoría D) das XXVII XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA de Vedra!
O prazo de solicitude de admisión abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.
O profesor Eduardo Sánchez participou xunto a un grupo de docentes galegos no programa PIALE. O obxectivo do proxecto é a observación de diferentes metodoloxías pedagóxicas no ámbito anglosaxón canadense."
Temos que felicitar á nosa alumna de 1º da ESO Rocío Couceiro Martín, que acadou o 2º premio da categoría B do VII Certame de Narración Breve Mestre Manuel Gacio do Concello de Boqueixón, presentando un relato xurdido do traballo na aula de Lingua Galega.
Noraboa, Rocío!
Sentímonos moi orgullosos de que un profesor deste centro, Ismael Ramos, acabe de recibir o Premio Nacional de Poesía Joven 2022 "Miguel Hernández", concedido polo Ministerio de Cultura e Deportes.
Facédelle un oco a Lixeiro na vosa lista de lecturas!
Publicada a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros, que pode ser consultada de xeito telemático na propia aplicación Fondolibros ou ben de xeito presencial no taboleiro do noso centro.
Publicada a listaxe provisional do Fondo Solidario de Libros, que pode ser consultada de xeito telemático na propia aplicación Fondolibros ou ben de xeito presencial no taboleiro do noso centro.
Recordade que este ano, ao non haber convocatoria extraordinaria de setembro, a adxudicación definitiva farase xa o 22 de xullo.
Atención, facemos corrección dun erro no ISBN do libro de Xeografía e Historia de 2º ESO: o isbn correcto é 9788468239118.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |