O alumnado de 3°ESO visitou a sede do Parlamento de Galicia, sito no Pazo do Hórreo. Alí puideron coñecer a historia do edificio máis o funcionamento do noso poder lexislativo autónomico.
Tiveron a oportunidade de entrar no hemiciclo onde o alumnado sentou nos escanos dos deputados. Alí tomamos unhas fotografías para recordar o momento.