Infórmate

 

MULLERES QUE CONTAMOS O MUNDO

Este martes 8 de marzo virá a contarnos como é o traballo dunha corresponsal en zonas de conflicto Ana Exposito Valle: enviada internacional para a TVG dende 1987, estivo presente en zonas de conflicto como Bosnia, Kosovo, a guerra do Golfo, Iraq,, Ruanda, Etiopía... Tamén nos retransmitiu a caída do muro de Berlín ou a cumbre de Maastricht, así como diferentes catástrofes humanitarias. Na súa charla insistirá na dificultade que estes espazos de conflicto supoñen aínda para unha muller xornalista.

CAMPIONATO DE BÁDMINTON-DOBRES MIXTO

- Campionato de bádminton para 1º e 2º de bacharelato
- Celebrarase nos recreos adicados a 1º e 2º de bacharelato
- Prazo de inscrición: Venres 18 de febreiro de 2022
- Inscríbete do seguinte xeito:
Nome e 1º apelido de cada compoñente. Exemplo: Yolanda Ferreiro-Francisco González

LECTURAS PARA O 2022

Dende a Biblioteca recomendámosvos algunhas lecturas para estas vacacións de nadal e para afrontar un 2022 que, esperemos, non veña tan intenso como os que acabamos de pasar.

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. CAMPIONATO DE BÁDMINTON CATEGORÍA INFANTIL DO PROGRAMA XOGADE, DE DEPORTE ESCOLAR DA XUNTA DE GALICIA, DENTRO DO PLAN PROXECTA

O departamento de Educación Física está a organizar unha saída para participar nun Campionato de Bádminton do programa Xogade, de deporte escolar da Xunta de Galicia, dentro do plan Proxecta desenvolvido polo departamento.

A saída cara o Pavillón deportivo de SERRA DE OUTES, onde se realizará a proba, será o día 20 de decembro de 2021, as 9:20 h., a chegada está prevista ás 14:15 h.

Os participantes serán o alumnado de 1º ESO, que se clasificou nos partidos que se desenvolveron no instituto. Neste caso estamos limitados a 10 prazas para a categoría infantil feminina e a 10 para a masculina.

A actividade é totalmente gratuíta

O profesorado acompañante será:

- Yolanda Miranda

- Francisco Javier González

 


RENOVACIÓN PARCIAL DA REPRESENTACIÓN DAS FAMILIAS NO CONSELLO ESCOLAR: CANDIDATURAS E INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE VOTACIÓN

Reunida a xunta electoral o mércores 17 de novembro, e recollidas as candidaturas presentadas en tempo e forma, publicamos as candidaturas presentadas e a información sobre o proceso de votación.

Nota informativa

REPARTO DE MÁSCARAS

Vense de publicar a orde na que se recollen os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

Alumnado destinatario

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar. 

Prazo: do 15 ao 26 de novembro

Máis información nesta ligazón

REPARTO DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

Hoxe publicouse o listado definitivo de libros adxudicados, que se pode consultar ou ben de xeito telemático na propia aplicación de Fondolibros, ou ben no centro.

Ao longo desta semana o alumnado recibirá o documento coa relación de libros que vai recibir cada quen e ao longo da seguinte (do 20 ao 24) organizaremos o reparto dos mesmos na aula.

Bo inicio de curso para toda a comunidade!

 

 

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

O día 07 de setembro cada familia será informada en abalarmobil do grupo do seu fillo ou da súa filla.

 O inicio de curso será o 11 de setembro, de 08:45 a 14:25 horas.

Haberá servizo de trasporte.

 Á primeira hora o alumnado será recibido na aula polo seu titor/a. O resto da xornada lectiva discurrirá segundo o horario de cada grupo.

 

 

A DIRECCIÓN

LECTURAS DE VERÁN

A biblioteca do centro déixavos as súas recomendacións para o verán.

Felices lecturas!

Powered by Drupal - Design by artinet