Infórmate

 

Campus gratuíto

 

O Departamento de Educación quere dar a coñecer a posibilidade de realizar un campus gratuíto organizado polo club Balonmán Ribadosar.

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. ACTIVIDADE DE PIRAGÜISMO EN BARCOS DRAGÓN DENTRO DO PLAN PROXECTA

O día 14 de xuño de 2022, ás 9:00 h. está prevista unha saída ao Club náutico de Portosín, para participar nunha actividade de piragüismo en barcos Dragón dentro do programa Xogade de Deporte Escolar da Xunta de Galicia, como actividade do plan Proxecta desenvolvido polo departamento de Educación Física. A chegada está prevista ás 14:15 h.

 Os participantes serán alumnado de 2º ESO.

 A actividade é totalmente gratuíta.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2022/23

O prazo para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros do próximo curso estará aberto dende o 19 de maio ata o 22 de xuño.

Pódese consultar toda a información e mesmo xestionar a solicitude de xeito telemático dende a páxina da Consellería:

Fondo Solidario de Libros

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. FASE FINAL DO CAMPIONATO DE BÁDMINTON CATEGORÍA CADETE DO PROGRAMA XOGADE, DE DEPORTE ESCOLAR DA XUNTA DE GALICIA, DENTRO DO PLAN PROXECTA

O departamento de Educación Física está a organizar unha saída para participar no Campionato de Bádminton, Fase Final, do programa Xogade, de deporte escolar da Xunta de Galicia, dentro do plan Proxecta desenvolvido polo departamento.

 A saída cara oPavillón deportivo de SERRA DE OUTES, onde se realizará a proba, será o día 27 de abril de 2022, ás 9:15 h., a chegada está prevista ás 14:15 h.

 Os participantes serán alumnado de 3º ESO, que se clasificou na primeira fase.

 A actividade é totalmente gratuíta.

 O profesorado acompañante será:

- Yolanda Ferreiro

- Francisco Javier González

 A relación de participantes clasificados para a fase final pódese consultar no foro de novas da aula virtual, no curso Educación Física de 3º ESO.

 

CONCURSO DE TIK TOK DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 
Co gallo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, que se celebrará o vindeiro 2 de maio, o IES Eduardo Pondal, a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Educación Física, está a organizar un concurso de Tik Tok na que poderá participar toda a comunidade escolar (alumnado, profesorado, persoal non docente...).
 
O obxecto do concurso será a creación de vídeos orixinais mediante a aplicación Tik Tok utilizando como base musical o tema “Figa” das Tanxugueiras.
image.png
 
 
BASES DO CONCURSO NO ARQUIVO ADXUNTO

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. FASE FINAL DO CAMPIONATO DE BÁDMINTON - CATEGORÍA INFANTIL

O departamento de Educación Física está a organizar unha saída para participar na Fase Final do Campionato de Bádminton, do programa Xogade, dentro do plan Proxecta desenvolvido polo departamento.

 A saída cara o Pavillón deportivo de SERRA DE OUTES, onde se realizará a proba, será o día 20 de abril de 2022, as 9:15 h., a chegada está prevista ás 14:15 h.

Os participantes serán o alumnado de 1º ESO, que se clasificou na primeira fase.

 A actividade é totalmente gratuíta

 O profesorado acompañante será:

- Yolanda Miranda

- Francisco Javier González

 A relación de participantes clasificados para a fase final pódese consultar no foro de novas da aula virtual, no curso Educación Física de 1º ESO

OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA 2º ESO Edición 2022

 

Felicitamos a todo o alumnado presentado na fase de Centro realizada no IES Eduardo Pondal o pasado xoves 17 de marzo e presentamos ao alumnado participante na próxima fase olímpica: Brais L., Noa V., Irene G. (mención de honra), Tomé S., Raúl M., Brais N., Victoria G. e Carmen I. A fase de Zona Santiago realizarase o vindeiro xoves 21 de abril. Dende aquí animamos ao noso alumnado olímpico!!

OBRADOIRO DE LIBROS PREGADOS

Este martes 15 de marzo a biblioteca organiza para 4º ESO un obradoiro de pregado de libros dirixido por Elena Caamaño.

Powered by Drupal - Design by artinet