Infórmate

 

Taboleiro

Mellores expedientes de Galicia ABAU 2024

Parabéns aos nosos alumnos e alumnas Marta Blanco, Laura Brea, Hugo Carballal, María Castro, Andrea Costa, Hugo Izquierdo, Inés Landeira, Rubén Mosteiro e Sandra Pita. Todos eles incluídos no grupo dos mellores expedientes de Galicia ABAU 2024! As súas excelentes notas son un reflexo da súa dedicación, esforzo e talento. A comunidade educativa do Pondal está moi orgullosa de vós e de todo o que lograstes. Seguide así, sempre dando o mellor de vós mesmos. Parabéns polo merecido éxito e moita sorte!

Palabra de madera - Parabens (Gallego) - Evyre Scrap

ABAU. Parabéns ao noso alumnado.

Xa se publicaron as cualificacións da ABAU. Do noso centro presentáronse 56 alumnos/as cun 96% de aprobados/as. Se comparamos os resultados da ABAU cos resultados de bacharelato, vemos que a media da diferencia de cualificacións entre bacharelato e a ABAU non chega a un punto (0,76 ptos).

 

 

 MEDIA ABAU

MEDIA BACHARELATO

Diferencia (ABAU-BAC)

 

7,11

7,81

0,70

No seguinte gráfico podemos observar a correlación entre as notas de bacharelato es as da ABAU:

 

Calendario de exames extraordinarios de bacharelato

Podedes consultar a data e hora dos exames extraordinarios premendo nos seguintes enlaces:

2º BAC

1º BAC

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

Prazo de pre-matrícula  Do 01 de xuño ao 14 de xuño.

Prazo de matrícula: Do 23 de xuño ao 07 de xullo. (Ver calendario de matrícula)

 

Instrucións para realizar a prematrícula e a matrícula

Calendario de matrícula

Documentación a presentar

Seguro escolar (pago de taxas)

Resgardo de matrícula

Impresos de matrícula

 1º ESO

2º  ESO  3º ESO 

 4º ESO

 

 1º BAC

 2º BAC  

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación (20 de maio) desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

Pode consultar toda a información no seguinte enlace:

ENLACE

INFORMACIÓN FIN DE CURSO

 O próximo martes 22 de xuño rematan as clases ás 14:25, polo que xa non haberá clase pola tarde.

 O día 23, ás 17:00 publícanse as notas de 2º de bac. en Abalar.

 O día 24 ás 17:00 publícanse as notas de ESO e 1º de bac. en Abalar.

 Os días 24 e 25 de xuño adicarémolos a aclaracións das cualificacións de 2º de bac. O prazo de presentación de posibles reclamacións remata o 25 de xuño ás 14: 00 h.

 Os días 25 e 28 de xuño adicarémolos a aclaracións das cualificacións de ESO e 1º de bac. O prazo de presentación de posibles reclamacións remata o 28 de xuño ás 14: 00 h.

 

 

 

Convocatoria dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021

O 4 de xuño publicouse no DOG a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021 (código de procedemento ED311D).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante e, no caso dos centros que non empregan a aplicación XADE, acreditar dita representación por calqueira medio válido en dereito.

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21

Xúntase o enlace á información sobre a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21.

Consultar

Powered by Drupal - Design by artinet