Infórmate

 

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDOLIBROS

Publicada a listaxe definitiva do fondo solidario de libros, que pode ser consultada mediante a chave 365 na propia aplicación de Fondolibros ou ben no taboleiro do centro en horario de verán.

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDOLIBROS

A listaxe provisional está xa dispoñible tanto na propia aplicación de Fondolibros como no taboleiro do centro.

Lembrade que nesta listaxe provisional so aparece polo de agora o número de libros concedidos a cada alumno/a pero non as materias concretas; a relación de libros concedidos por materia sairá na listaxe definitiva que esperamos publicar a finais da semana que ven.

LIBROS DE TEXTO (2023/24)

Relación de libros de texto para o curso 2023/24:

ESO

BACHARELATO

 

Atención alumnado de 1º ESO: no centro dispoñemos de 45 exemplares do libro de Bioloxía e outros 45 do de Lingua Galega. Intentaremos organizar o seu reparto a inicio de curso, polo que recomendamos que non se merquen ata entón.

HORARIO DE VERÁN

Durante xullo e agosto a atención ao público será de 9:00 a 14:00 h ata o 07 de xullo e de 10:00 a 13:00 ata o 21 de xullo. A partir do 21 de Xullo e ata o 31 de agosto, a atención será previa cita telefónica de 10:00 a 13:00 no 881 866 367 ou ben mediante o correo electrónico ies.eduardo.pondal@edu.xunta.gal

A dirección

Henrique Neira gaña o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

Noraboa ao noso compañeiro Henrique Neira, docente de Lingua Galega, que ven de acadar o premio de ensaio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa súa obra Do aritmómetro á computación cuántica. Como as máquinas de cálculo, informáticas, robóticas e de comunicación transformaron Galicia nun século e medio. O xurado salientou da obra especialmente que se trata "dunha historia que aposta pola modernidade e polo futuro dende Galicia. Unha panorámica da contribución das galegas e galegos ao avance das máquinas calculadoras, da programación informática, da robótica, dos satélites e da intelixencia artificial, todo isto encadrelado con abondosas referencias literarias"

culturagalega.gal

La Voz de Galicia

Código cero

PARTICIPACIÓN DO NOSO CENTRO EN E-DIXGAL

 

O noso centro participará no proxecto E-Dixgal a partir do curso 2023/24, implantándose segundo o seguinte calendario:

Curso           Nivel
2023-24 1º de ESO
2024-25 2º de ESO
2025-26 3º de ESO
2026-27 4º de ESO

Información sobre o proxecto E-DIXGAL

TEMOS TERRAS, GAÑADORES DE QUERO CANTAR 2023

Temos Terras, dúo musical formado por Alejandra Saavedra e Lucas Arango, acaban de gañar a última edición do concurso musical Quero Cantar, organizado pola Deputación de Coruña e que celebrou este domingo a súa gala final no teatro Colón de A Coruña. Noraboa por este éxito músical!

 

PARTICIPACIÓN NO CLUB DE DEBATE

Noraboa ao noso alumnado da materia de Oratoria que ven de participar na fase de zona do Club de Debate, que este ano tivo lugar en Teo. Aínda que desta vez non nos clasificamos, a experiencia foi moi enriquecedora e o tema moi interesante xa que o alumnado de varios centros debatiu sobre o papel das redes sociais. Deixámosvos aquí algunhas imaxes e a ligazón ao vídeo completo.

 

ALUMNO PREMIADO NA V EDICIÓN DO PREMIO DE RELATO CURTO "CAMBADOS, MAR DE LETRAS"

Temos que felicitar unha vez máis a un alumno noso, Carlos Alcalde Vidal, que acaba de quedar finalista cun relato curto na nova edición do Premio Cambados Mar de Letras. E temos que agradecer tamén ao profesor Henrique Neira que teña animado tanto ao seu alumnado a desenvolver as súas destrezas literarias e a participar nestes premios.

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. CAMPIONATO ESCOLAR ZONAL DE ORIENTACIÓN DO PROGRAMA XOGADE, DE DEPORTE ESCOLAR DA XUNTA DE GALICIA

O departamento de Educación Física organizou unha saída para participar no Campionato escolar zonal de Orientación, dentro do programa Xogade, de deporte escolar da Xunta de Galicia.

 

A actividade realizouse no parque da Cachada, Boiro, o día 27 de febreiro de 2023 coa participación do alumnado interesado de 4º ESO

 

 

O mellor resultado foi o de Álvaro Vázquez, primeiro clasificado na súa categoría.

 

A actividade foi  totalmente gratuíta

 

O profesorado acompañante foi: Iria Estonllo, Carlo Guede e Francisco Javier González

 

Powered by Drupal - Design by artinet