ANTE A RECENTE INFORMACIÓN RECIBIDA RESPECTO DA ACTUAL SITUACIÓN SANITARIA, CONVÓCASE A TODAS AS FAMILIAS DE ALUMNADO QUE ESTÁ ANOTADO Á VIAXE A ÁMSTERDAM A UNHA REUNIÓN URXENTE A CELEBRAR NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO MAÑÁ XOVES ÁS 19:00.
A DIRECCIÓN
O departamento de matemáticas informa que o vindeiro martes, 10 de marzo, celebrarase a actividade “Rallye científico matemático sen fronteiras 2020” que organiza a asociación matemática igaciencia e na que o seu fillo ou filla vai participar.
Esta actividade terá lugar nas instalacións do noso centro, e abrangue dende as tres e media ata as cinco da tarde aproximadamente.
A profesora responsable da actividade neste centro é Mª Emilia Díaz González, profesora de matemáticas do IES Pondal
Para máis información poden consultar a páxina web http://www.igaciencia.eu/en/taxonomia/rally .
Un ano máis, por desgraza, temos que dar VOZ ás asasinadas como causa da VIOLENCIA MACHISTA de man da súa parella, exparella, outros...
Non podemos deixar de facer este tipo de exposicións para seguir visibilizando esta lacra social; debemos ser conscientes de que está aumentando a Violencia dixital través das redes en idades que se corresponden co alumnado .
MARIÁN ARAÚJO MUIÑOS (Coordinadora Plan de Igualdade)
A nosa alumna de 1º de bacharelato Antía Salas acadou o premio de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal.
Parabéns !!!!
O próximo martes 29 de outubro ás 18:30 terá lugar unha reunión dos titores e titoras de 1º ESO coas familias no salón de actos do centro.
AVISO IMPORTANTE: A REUNIÓN DE 1º G APRÁZASE AO PRÓXIMO MARTES 05 DE NOVEMBRO ÁS 18:30 POR AUSENCIA DA TITORA.
Seguindo a Instrución 4/2019 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación sobre a xestión do servizo de transporte escolar, achegamos o listado dos novos usuarios excepcionais así como a lista de agarda para cubrir posibles baixas.
A ruta que estaba a realizar Autos Lar pasará a ser realizada por MONBUS(CASTROMIL S.A) neste curso escolar 2019/20
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |