A nosa alumna de 1º de bacharelato Antía Salas acadou o premio de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal.
Parabéns !!!!
O noso alumno de 2º de BAC, Roi Vence Nogueira foi o gañador da fase galega da Olimpíada matemática.
Parabéns Roi!
Alumnos da rexión italiana de Lombardía estannos a visitar nestes días. Este xoves visitaron o Pazo de Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde, que lles explicou a historia do edificio.
O Instituto Nacional de Ciberseguridade organiza charlas nos centros de ensino para aconsellar sobre o bo uso das redes.
O próximo día 28 de abril remata o prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 14 de marzo de 2016, DOG do 28 de marzo).
Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2016.
Xúntase a Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |