22 de maio
Incorporación voluntaria de alumnado de 2º de BAC.
Non poden acudir ao centro os nenos/as con síntomas compatibles co COVID-19 o diagnosticados de COVID19, o que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19. Para isto, as familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Si o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo.
08 de maio
Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O horario de atención será de 09:00 as 14:00 horas.
Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato:
do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
24 de abril
AVISO ÁS FAMILIAS
Para corrixir calquera disfunción que se estea a producir, as familias que detecten que nalgunha materia non se estea a producir un contacto periódico ou regular co alumnado (envio e recollida de tarefas, realización de probas telemáticas, contacto co alumnado por correo...), nolo faga saber enviando un correo a ies.eduardo.pondal@edu.xunta.es.
No correo terán que indicar nome e curso da alumna ou alumno, materia e unha breve explicación da situación.
23 de abril
Protocolo de atención a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo adaptado ás actuais circunstancias:
Como norma xeral:
1. Cando se envían tarefas con data de entrega límite, o profesorado ten dúas opcións:
2- Cando se realicen probas telemáticas hai dúas posibilidades:
3- Calquera outra medida que considere o profesorado.
AVISO:
Para corrixir calquera disfunción que na aplicación do protocolo se poida producir, as familias con alumnado con Necesidades específicas de apoio educativo(tdah, dislexia....) que consideren que, a partir de agora, nalgunha materia non se está a seguir o protocolo anteriormente indicado, nolo faga saber enviando un correo a ies.eduardo.pondal@edu.xunta.es.
No correo terán que indicar nome e curso da alumna ou alumno, materia e unha breve explicación do motivo.
22 de abril
Información estatística:
Valoración do alumnado do proceso de ensino-aprendizaxe neste período non presencial
26 de marzo
Pode consultar toda a información relativa á actual situación (avaliacións, ABAU...) actualizada no seguinte enlace.
22 de marzo
O Ministerio de Educación e RTVE lanzan "Aprendemos en casa" para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das clases presenciais. Prema aquí para ver toda a información.
13 de marzo
O sistema de comunicación e información ás familias será a través desta páxina web.
1. PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
2. INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO
O sistema de comunicación do profesorado co alumnado será a través de dúas canles: o correo electrónico corporativo do instituto e a aula virtual. O alumnado deberá estar diariamente pendente desta dúas ferramentas para recibir as propostas de actividades das diferentes materias.
En caso de ter problemas con calquera destas ferramentas, podedes poñervos en contacto co coordinador TIC.
O seu correo é javier.vazquez@ieseduardopondal.org
ANTE A RECENTE INFORMACIÓN RECIBIDA RESPECTO DA ACTUAL SITUACIÓN SANITARIA, CONVÓCASE A TODAS AS FAMILIAS DE ALUMNADO QUE ESTÁ ANOTADO Á VIAXE A ÁMSTERDAM A UNHA REUNIÓN URXENTE A CELEBRAR NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO MAÑÁ XOVES ÁS 19:00.
A DIRECCIÓN
O noso alumno de 2º de BAC, Roi Vence Nogueira foi o gañador da fase galega da Olimpíada matemática.
Parabéns Roi!
Alumnos da rexión italiana de Lombardía estannos a visitar nestes días. Este xoves visitaron o Pazo de Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde, que lles explicou a historia do edificio.
O Instituto Nacional de Ciberseguridade organiza charlas nos centros de ensino para aconsellar sobre o bo uso das redes.
O próximo día 28 de abril remata o prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 14 de marzo de 2016, DOG do 28 de marzo).
Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2016.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |