Infórmate

 

Xeografía e Historia

Xente e libros da Idade Media

Estes son so audios que o alumnado de 2ºESO gravou durante o confinamento para unha das tarefas sobre historia medieval.

E esta é a páxina onde colgamos as presentacións que fixeron sobre os scriptoria medievais:

Adolescentes dos séculos XX e XXI

Cos datos recollidos polo alumnado de 1º ESO (2018/19) elaboramos unhas infografías para que eles poidan comparar a súa adolescencia coa dos seus avós. Pinchade nas imaxes para velas ben!

 

 

FOTOGRAFÍAS NO MAPA

O alumnado de 2º de ESO estivo traballando a xeolocalización e o uso de coordenadas xeográficas nun mapa colaborativo ao que subiron as súas fotos artísticas. A ver se vos gustan!

 

 

 

E despois da 2ª Guerra Mundial, que?

Aquí tendes os vídeos realizados polo alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo (1º BAC B/C) sobre algúns dos episodios máis relevantes da 2ª metade do s. XX. Premede na imaxe e esperamos que vos guste!

Nova Novela Histórica

Esta foi a exposición que fixemos coas novelas históricas ambientadas no s.XIX que crearon os nosos alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º BAC.

 Preme no enlace para poder ver e ler as cubertas.

Nova Novela Histórica

Enquisa sobre sustentabilidade

Preme neste enlace e cubre a enquisa:

 

https://goo.gl/forms/jAmr4fzkDu2zgwh83

Moitas grazas

O alumnado de 2º BAC visita o Parlamento e a Catedral

Amosamos algunhas fotos da visita

Powered by Drupal - Design by artinet