Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
CONCERTO DE RAPEnviado por admin o Mar, 09/04/2013 - 03:41
09/04/2013 11:20
09/04/2013 14:20
Etc/GMT+1
O alumnado de 4º de E.S.O. asistirá o martes día 9 de abril de 2013 a un concerto de rap. Terá lugar no Salón de Actos do I.E.S., organizado pola Biblioteca do centro. A actividade desenvolverase entre as 11:20 e as 14:10 h.
( categories: )
MATEMÁTICAS E HISTORIAEnviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 07:55
29/04/2013 08:30
29/04/2013 14:45
Etc/GMT+1
Organizada polo DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS do IES Poeta Díaz Castro, o vindeiro luns día 29 de abril, o alumnado de 4º de ESO, 4º de PDC e 1º de BAC realizará unha visita a Santiago de Compostela na que desenvolverán diversas actividades relacionadas coas Matemáticas e coa Historia. Serán os profesores acompañantes nesta ocasión VÍCTOR POLLÁN FERNÁNDEZ e SANTIAGO DANS SAMPEDRO. Sairán do instituto ás 8:30 h., tendo prevista a chegada de novo ao centro ás 14:45.
( categories: )
CONCERTO DIDÁCTICOEnviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 07:50
25/04/2013 00:30
25/04/2013 13:45
Etc/GMT+1
Programada polo Departamento de Música do IES POETA DÍAZ CASTRO, o vindeiro xoves día 25 de abril, alumnado deste centro asistirá no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela a un concerto didáctico. Nesta actividade o alumnado estará acompañado polas profesoras SANDRA TENREIRO DOLDÁN e CONSUELO OTERO YÁÑEZ.
( categories: )
VIAXE DIDÁCTICA A ITALIAEnviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 04:52
11/04/2013 07:00
17/04/2013 07:00
Etc/GMT+1
O alumnado de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato marchásenos uns días en viaxe de estudos a ITALIA. Esta aventura arrancará o xoves día 11 de abril, ás 7:00 da mañá no instituto, de onde sairemos en bus cara a LISBOA, para alí embarcar en avión rumbo a Italia. Nesta visita, permanecerán en ROMA dende a chegada ata o domingo día 14 de abril, momento no que se desplazarán en bus ata FLORENCIA, cidade que sen dúbida disfrutarán ata a fin da viaxe. Sairán de novo cara a Guitiriz (vía Lisboa de novo) o martes día 16 de abril, se ben non chegarán ata a madrugada do mércores 17. Nesta viaxe, estarán acompañados pola profesora MARÍA MIRAGAYA PEREIRA e o profesor JULIO GONZÁLEZ IGLESIAS.
Aquí vos deixamos uns enlaces para que podades ver e/ou descargar o programa da viaxe (previsto, xa se verá se se pode cumplir todo). Tamén poñemos á vosa disposición unha serie de recomendacións para os viaxeiros, así como unha guía caseira con información de todo o que pretendemos ver... Boa viaxe! ( categories: )
CAMPIONATO DE ATLETISMOEnviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 04:33
10/04/2013 10:00
10/04/2013 14:00
Etc/GMT+1
O vindeiro mércores día 10 de abril, e organizado polo Departamento de Educación Física, terá lugar un Campionato de Atletismo. Para iso o alumnado afectado desplazarase ao Balneario de Guitiriz, acompañados por profesorado do centro. Corre que chove! ( categories: )
Concurso de Fotografía: O tempo na RTVG.Enviado por nuriapena o Mér, 20/03/2013 - 09:52
Queridos artistas: aínda estades a tempo de participar neste concurso de fotografía. Parabéns a Lidia González Iglesias por estar dentro das seleccionadas. Aqui tedes o enlace para votar pola súa foto (lembrade que hai que rexistrarse): CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS DO TEMPO ( categories: )
FOTOS e VIDEOS do P.C.P.I.Enviado por admin o Ven, 08/03/2013 - 13:00
PARA VER ALGUNHA FOTO DO P.C.P.I. PODES ACCEDER DENDE AQUÍ. E AQUÍ TEDES UN VÍDEO DOS NOSOS "CURRANTES":
E OUTRO MÁIS:
( categories: )
VISITA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELAEnviado por admin o Mér, 06/03/2013 - 07:30
14/03/2013 08:30
14/03/2013 19:30
Etc/GMT+1
Organizada polo DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA, e acompañados polos/as profesor/as MÓNICA CAMPO, ANTONIO FRADE e ELENA HAZ, o alumnado de 1º de E.S.O., xunto co grupo de Diversificación Curricular de 3º de E.S.O. van realizar o vindeiro xoves día 14 de marzo unha visita didáctica a SANTIAGO DE COMPOSTELA. Nesta visita, levaránse a cabo diversas actividades, que a continuación se sinalan:
1. Percorrido pola Catedral de Santiago e as súas cubertas. 2. Gravación dun programa de radio na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago. 3. Xincana pétrea.
( categories: )
VISITA DIDÁCTICA A REGANOSAEnviado por admin o Mér, 06/03/2013 - 07:20
14/03/2013 00:30
14/03/2013 13:45
Etc/GMT+1
Organizada polo departamento de TECNOLOXÍA, o vindeiro xoves día 14 de marzo, un grupo de alumnos/as do centro realizarán unha visita didáctica ás instalacións de REGANOSA, en Mugardos (A Coruña). A saída do instituto será ás 8:30 horas, tendo prevista a chegada de volta ás 13:45. Acudirán acompañados polo profesor JOSÉ ENGROBA. ( categories: )
VISITA DIDÁCTICA A A CAPELAEnviado por admin o Xov, 21/02/2013 - 05:03
00/00/
Array
Acompañado polas profesoras Olga Aguiar e María Miragaya, o alumnado de 2º de ESO visitou o Museo de Xogos Tradicionais de A Capela. Esta visita realizouse o venres 15 de febreiro. Sairon do instituto ás 8:30 h. e retornaron ao centro ás 14:00 h., tras pasar unha xornada na que se combinan dun xeito entretido e didáctico aprendizaxe, respeto pola tradición e diversión.
( categories: )
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |