Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
VISITA DIDÁCTICA MULTIDISCIPLINAR Á CORUÑAEnviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 08:19
O pasado martes 17 de decembro levamos a cabo, por segundo ano, unha interesantísima actividade extraescolar, consistente en desplazar fóra do centro á práctica totalidade do alumnado para realizar diferentes visitas e actividades. Así, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O., e o de 1º de BAC, poideron disfrutar, na Coruña, de: - Sesión de patinaxe sobre xeo. - Visita á Fundación Barrié. - Visita á Torre de Hércules. - Visita á Domus-Casa do Home. - Museo Arqueolóxica - Castelo de S. Antón ... En fin, unha mañá repleta de ocio e cultura que agardamos podamos repetir o vindeiro curso. En breve, publicaremos un pequeno album fotográfico da xornada. ( categories: )
Obradoiro de Robótica na Fundación BarriéEnviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 08:12
12/02/2014 00:00
12/02/2014 14:00
Etc/GMT+1
E seguindo coa intensa actividade extraescolar, o alumnado de Tecnoloxía de 4º de E.S.O. (ordinario e Diversificación), xunto co de 1º de BAC da materia de Tecnoloxía Industrial I, participarán nun taller de robótica organizado pola Fundación Barrié. A cita é o mércores 12 de febreiro, e irán acompañados polo profesor JOSÉ ENGROBA, do Departamento de Tecnoloxía. Permanecerán fóra do centro entre as 9:00 h. e as 14:00 h.
( categories: )
Programa de RadioEnviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 08:05
04/02/2014 08:30
04/02/2014 18:30
Etc/GMT+1
Acompañado polas profesoras MÓNICA CAMPO, ELENA HAZ e CONCHI SANFIZ, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, un grupo de alumnos de 1º de E.S.O. viaxará o 4 de febreiro a Santiago de Compostela para participar na realización dun programa de radio na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.
Pasarán alí todo o día, xa que a saída está programada para as 8:30 h. e o regreso ás 18:00 h.
( categories: )
Visita didáctica á Domus e Casa das CienciasEnviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 07:28
23/01/2014 00:20
23/01/2014 18:30
Etc/GMT+1
Organizada polos departamentos de Ciencias Naturais e Física e Química, o vinderio xoves 23 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO desplazaráse á Coruña para realizar unha visita didáctica á Casa das Ciencias e á Casa do Home-Domus. Sairán ás 9'20 da mañá e regresarán xa pola tarde, ás 18 h. Irán acompañados polos/as profesor/as ANA SANCHEZ, NURIA SÁNCHEZ e RAMÓN ERIAS. ( categories: )
Viaxe a AndorraEnviado por admin o Lun, 13/01/2014 - 07:03
Entre o 11 e o 18 de xaneiro, un grupo de 24 alumnos/as viaxan a Andorra para disfrutar dunhas xornadas de actividade deportiva en contacto coa natureza. Están acompañados/as por: Roberto Zuluaga (profesor de Educación Física), Nuria Pena (profesora de Educación Plástica) e María Miragaya (profesora de lingua).
( categories: )
Gañadores do concurso de Debuxo Do Concello de GuitirizEnviado por nuriapena o Ven, 10/01/2014 - 05:53
O I.E.S. Poeta Díaz Castro resultou gañador no concurso organizado polo Concello “ Somos corresponsables, na casa millor entre todos”. Parabéns a Sara Campos e Irea Calvo.
( categories: )
Visita Didática á Fundación TICEnviado por admin o Mér, 18/12/2013 - 07:53
13/12/2013 08:30
13/12/2013 14:00
Etc/GMT+1
Coa finalidade de presentar as actividades programadas polo IES POETA DÍAZ CASTRO sobre o poeta que dá nome ao centro no ano 2014, no que será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, un grupo de alumnos/as trasladouse a Lugo. Ao mesmo tempo, aproveitouse a visita para xirar unha visita didáctica á Fundación TIC de Lugo. Nesta ocasión , o grupo estivo acompañado polos/as profesores/as: María Miragaya Nuria Pena Figueruelo Víctor Pollán Alfredo Torres Olga Aguiar.
( categories: )
GRAN MAGOSTOEnviado por admin o Mar, 19/11/2013 - 08:33
21/11/2013 11:30
21/11/2013 12:10
Etc/GMT+1
DÍA: 21 de novembro, xoves
LUGAR: I.E.S. POETA DÍAZ CASTRO (patio cuberto - parte traseira)
HORARIO: De 11:30 a 12:10
NOTA IMPORTANTE: Prégase que todos os alumnos/as e profesores/as traian unha pequena bolsa de castañas xa picadas e as deixen na caixa que estará no hall de entrada do instituto. Grazas anticipadas. ( categories: )
Representación Teatral en FrancésEnviado por admin o Mar, 19/11/2013 - 08:22
19/11/2013 10:45
19/11/2013 15:00
Etc/GMT+1
O 19 de novembro, martes, o alumnado de Francés de 3º de ESO, xunto co de 4º máis o de 1º de Bacharelato, achegaránse a Lugo para asistir á representación teatral en francés da obra LE TARTUFFE, de Molière.
Sairán ás 10'45 do centro, para voltar ás 14'50, e estarán acompañados/as por ALFREDO TORRES BOUZA e JACQUELINE LÓPEZ GARCÍA.
( categories: )
PRESENTACIÓN CURSO 2013-2014Enviado por admin o Mar, 10/09/2013 - 05:18
O vindeiro LUNS, 16 DE SETEMBRO, dará comezo o novo curso escolar.
Todo o alumnado deberá presentarse ás 12:30 h. no centro, onde será rercibido por cadanseu/súa titor/a, e acompañado á súa aula.
Benvidos/as a todos/as!!
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |