Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Outubro 15, 2022
Start: 15/10/2022 10:25

Poñemos á vosa disposición o documento a entregar no caso de xustificar a falta de asistencia do alumnado. Recordade que debedes entregalo ao titor/a e debe ir acompañado, sempre que sexa posible, dalgún documento xustificativo (centro médico, asistencia a algún organismo...)

Descárgao aquí en PDF 

 

Descárgao aquí en WORD (editable)

Martes Outubro 18, 2022

 

 

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a resolución do 5 de outubro de concesión da ampliación da axuda para adquirir material escolar, na que se establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25.

As familias beneficiarias poden recoller o vale de 25€ na secretaría do centro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría antes do 1 de decembro de 2022.

 

 

 

 

Luns Outubro 24, 2022

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro de 2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do IES.

   

    A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

-      O Director ou directora do Centro.

-      Un profesor ou profesora.

-      Un pai ou nai ou titor legal.

-      Un alumno ou alumna.

-      Un representante do persoal de administración e servizos.

 

    Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 28 de outubro de 2022, ás 11:00 horas na Sala de Profesorado.

 

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Distribuir contido