SORTEO ELECCIÓN MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Enviado por admin o Lun, 24/10/2022 - 06:05
24/10/2022
Atlantic/Bermuda

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro de 2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do IES.

   

    A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

-      O Director ou directora do Centro.

-      Un profesor ou profesora.

-      Un pai ou nai ou titor legal.

-      Un alumno ou alumna.

-      Un representante do persoal de administración e servizos.

 

    Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 28 de outubro de 2022, ás 11:00 horas na Sala de Profesorado.

 

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

( categories: )