Skip to Content

Orientación

Acceso a Ciclos Medios e Superiores

A partir do día 24 de xuño ás 9:00h ábrese o prazo para presentar solicitudes para Ciclos Medios e Superiores.

Para os Ciclos Medios reservaranse do 75 ao 85% de prazas para o alumnado da ESO. Para acceder terase en conta a media das notas da avaliación final de 4ºESO.

Nos Ciclos Superiores reservaranse do 75 ao 85% de prazas para o alumnado de BAC. Para acceder terase en conta a nota media de BAC.

 

Procedemento de solicitude:

Deberase cubrir unha única solicitude por cada grao, medio ou superior, no que se desexe participar. En cada solicitude poderá optarse a catro opcións de centro e ciclo. Podedes acceder ás diferentes opcións de Ciclos Formativos na seguinte páxina 

https://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-mapa-oferta-fp 

consultando os folletos de cada familia profesional, tendo que escoller os que comezan por CM (Ciclo Medio) ou CS (Ciclo Superior).

A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp CiclosAdmisión

A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. 

Proceso de admisión e matrícula dos Ciclos Formativos de Grao Básico (CFGB)

Consulta das listaxes provisionais e definitivas 

Novas publicadas nos prazos indicados na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fp/

 

Procedemento para alumnado de 2ºESO menor de 16 anos

  • Requisitos: ter 15 anos ou facelos no 2024.
  • O centro educativo realizará unha relación do alumnado susceptible a incorporarse aos CFGB en función do perfil vocacional da persoa.
  • Logo da avaliación final, a dirección do centro convocará ás familias deste alumnado e lles entregará unha copia do Consello Orientador, o Documento de incorporación aos CFGB e o Documento de Consentimento, que debe estar correctamente asinado.

Unha vez feito isto, as familias e a persoa solicitante deberán achegarse polo IES de Poio no prazo de presentación de solicitudes, entre o 24 de xuño ás 9:00h (o día 25 realmente por ser festivo o 24) e o 4 de xullo ás 13:00h. 

Nesta solicitude faranse constar CATRO ciclos básicos por orde de preferencia. Para consultar as diferentes posibilidades, na seguinte ligazón podedes escoller a familia profesional do voso interese e buscar no folleto informativo o que comece por CB: ligazón

A documentación que debe anexarse á solicitude será: DNI, Documento de incorporación ao CFGB e Certificado de Discapacidade se opta a prazas reservadas.

Ao entregar a solicitude, o centro xerará un resgardo no que figura o código de solicitude e o código persoal de consulta. Esta información é basica para poder comprobar a listaxe provisional e definitiva de persoas admitidas nos diferentes ciclos básicos.

Matrícula realizarase no centro de destino (no que estea admitida a persoa) a partir do 23 de xullo.

 

Procedemento para alumnado de 3º e 4ºESO menor de 16 anos

Debe solicitalo por iniciativa propia, xunto coa familia. 

A solicitude presentarase no IES de Poio no prazo de presentación de solicitudes, entre o 24 de xuño ás 9:00h (o día 25 realmente por ser festivo o 24) e o 4 de xullo ás 13:00h. 

Nesta solicitude faranse constar CATRO ciclos básicos por orde de preferencia. Para consultar as diferentes posibilidades, na seguinte ligazón podedes escoller a familia profesional do voso interese e buscar no folleto informativo o que comece por CB: https://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-mapa-oferta-fp

documentación que debe anexarse á solicitude será: DNI e Certificado de Discapacidade se opta a prazas reservadas.

Ao entregar a solicitude, o centro xerará un resgardo no que figura o código de solicitude e o código persoal de consulta. Esta información é basica para poder comprobar a listaxe provisional e definitiva de persoas admitidas nos diferentes ciclos básicos.

Matrícula realizarase no centro de destino (no que estea admitida a persoa) a partir do 23 de xullo.

 

Procedemento para alumnado maior de 16 anos

Requisitos: deberán facer 17, 18,19 ou 20 anos ao inicio do ciclo formativo e non deben ter en posesión un título de CFGB ou da ESO.

O procedemento comezará coa presentación de solicitudes no prazo establecido.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación e Formación profesional publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Pode solicitar esta axuda o seguinte alumnado:

- alumnado cun certificado médico TEA,

- alumnado con discapacidade,

- alumnado cun trastorno grave de conduta

- alumnado cun trastorno grave da comunicación e da linguaxe,

- alumnado cun certificado de TDAH asociado a discapacidade, trastornos graves de conducta ou trastornos da comunicación e da linguaxe,

- alumnado con altas capacidades que achegue informe psicopedagóxico do departamento de orientación

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto dende o 8 de maio ata 20 de setembro no seguinte enlace:

 https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886   

Poden atopar máis información sobre a convocatoria nestoutro enlace:     

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html      

 Así mesmo, para calquera dúbida ou consulta poden contactar co Departamento de Orientación do instituto chamando ao 886151444.

 

PONDERACIÓNS CIUG (aplicables a partir do curso 2023/2024)

Con data 5 de maio de 2023, a CIUG publicou as nova staboas coas ponderacións que serán de aplicación a partir do curso 2023/2024 e tras seren consensuadas por todos os sistemas universitarios do territorio español.

 

INFORMACIÓN SOBRE AS BECAS DE ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

No documento adxunto pódese consultar un documento sobre as becas de estudos postobrigatorios, que inclúe ligazóns con información sobre requisitos e preguntas frecuentes.

O prazo de solicitudes remata o 17 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut