Skip to Content

Orientación

Campus Científicos de Veran 

18/02/2018 12:58
Europe/Madrid

Os Campus Científicos de Veran son unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Seu obxectivo principal é o fomento das vocacións científicas dos xóvenes estudantes de 4º ESO e 1º de Bacharelato a través do contacto directo coa actividade cotiá dos investigadores nun ambiente universitario. Todo elo, veráse complementado con actividades culturais, deportivas e de ocio, para que os participantes poidan disfrutar dunha estancia fascinante.

O Programa vai dirixido ao alumnado que se atope cursando no ano académico 2017-2018 ensinanzas do 1º curso de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou 4º curso de E SO na opción de ensinanzas académicas cursando as materias troncais de “Bioloxía e Xeología” e “Física y Química” ou na opción de ensinanzas aplicadas cursando as materias troncais de “Ciencias aplicadas á actividade profesional” e “Tecnoloxía” e que houbesen obtido unha nota media de, alomenos, un 8,5 no pasado curso académico 2016-2017. 

Durante o mes de xullo de 2018 desenrolaranse 4 quendas de participación.

  • Primeira quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 1 ao 7 de  xullo

  • Segunda quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 8 ao 14 de xullo

  • Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 15 ao 21 de xullo

  • Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 22 ao 28 de xullo 

    Os interesados en participar nos Campus Científicos de Verano deberán presentar a súa solicitude a través da páxina web www.campuscientificos.es.

Na “Guía de presentación de solicitudes” -dispoñible no apartado de INSTRUCCIONS- poderáse consultar os pasos necesarios para completar o proceso de presentación dunha solicitude.

Os Campus Científicos de Veran 2018 desenvolveránse simultáneamente nos institutos e departamentos de investigación adscritos aos seguintes Campus de Excelencia Internacional (CEI) e/ou Rexional:

 

CEI/CEIR

UNIVERSIDAD

 AD FUTURUM

 OVIEDO

 ANDALUCÍA TECH

 SEVILLA

 ATLÁNTICO TRICONTINENTAL

 LAS PALMAS DE GRAN CANARIA

 BIO TIC GRANADA

 GRANADA

 CYTEMA

 CASTILLA LA-MANCHA

 DO MAR 

 VIGO

 HIDRANATURA

 EXTREMADURA

 MARE NOSTRUM

 MURCIA

 STUDII SALAMANTINI

 SALAMANCA

 TRIANGULAR

 VALLADOLID

 UAM + CSIC

 AUTÓNOMA DE MADRID

 VIDA

 SANTIAGO DE COMPOSTELA

 VLC

 VALENCIA Y POLITÉCNICA DE VALENCIA

Se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018

08/02/2018 08:55
Europe/Madrid

Se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)

  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

PROA 2018

31/01/2018 08:14
Europe/Madrid

INICIO DO PROA: MARTES 6 DE FEBREIRO

HORA: 18:30

REMATE: 20:30 

LUGAR: INSTITUTO

A recollida do alumnado farase na parada sinalada na solicitude de participación.

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

23/01/2018 16:31
Europe/Madrid

Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.
  • A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
 

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización 2018

23/01/2018 16:29
Europe/Madrid

Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

  • Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

 

CHARLAS TEMÁTICAS IMPARTIDAS POR PROFESORADO DA USC

20/01/2018 09:31
Europe/Madrid

O alumnado de Bacharelato está recibindo varias charlas temáticas impartidas polo profesorado da Universidade de Santiago de Compostela.

O profesor Héctor Rodríguez da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago e da Facultade de Ciencias de Lugo, falou ao alumnado de Física e Química de 1º e de Química de 2º sobre  " A necesidade de estar separando: procesos de separación na industria química".

O profesor  da Escola Politécnica Superior de Enseñaría Juan Ortiz Sanz, foi o relator da charla "Modelado en 3 D de obxectos reais" destinada ao alumnado de Tecnoloxía Industrial I e II e ao de TIC I e II.

O día 23 de xaneiro o alumnado de Bioloxía de 1º  e Bioloxia de 2ª de Bacharelato  participará da charla   impartida por Óscar J. Cordero profesor da Facultade de Bioloxía/CIBUS  sobre "Vacinas para o cancro".

 

PLAN DIRECTOR: CHARLAS SOBRE ACOSO E O CONSUMO DE DROGAS E ALCOL

20/01/2018 09:12
Europe/Madrid

O alumnado da E.S.O recibiu dúas charlas sobre o acoso e o consumo de drogas e alcol .

Estas charlas están incluídas dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

O Plan Director está impulsado desde a delegación do Goberno en galicia e a Alta Inspección.

Campaña de Solidariedade Vial

13/11/2017 14:27
Europe/Madrid

A Policía Local de Poio en colaboración cos Servicios Sociais do Concello de Poio poñen en marcha unha Campaña de Solidariedade Vial, na que se recollen sistemas de retención infantil (sillas, elevadores...) para poder entregarllas ás familias que os necesiten e darlle a formación necesaria para un uso axeitado. Esta campaña dou comezo o día 25 de setembro e rematará o 25 de decembro.

 

     Os sistemas de retención poderán ser entregados nas dependencias da Policía Local sita Praza Mosteiro, 1 - Poio, onde lles facilitarán unha ficha para deixar os seus datos e rexistrar a entrega, ou ben chamando ao 689 575 495.

CONVOCATORIA PROA (reforzo, orientación e apoio) PARA ALUMNADO DE 1º E 2º ESO CURSO 2017/2018

10/11/2017 13:49
Europe/Madrid

Con esta actuación pretendese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades. O alumno destinatario debe estar escolarizado no 1º ou 2º E.S.O. As prazas son limitadas. Para a selección do alumnado terase en conta a situación familiar.

O alumnado elexido dispoñerá de transporte gratuíto para recibir pola tarde dúas horas de reforzo escolar dous días á semana no noso instituto. Máis información a través do teléfono: 886151443

 

 

CHARLA PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO ABAU STEMBRO 2017

03/09/2017 11:27
Europe/Madrid

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

DÍA: mércores 6 de setembro

HORA: das 11:00 ás 12:00 horas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut