A Consellería de Educación publicou a Orde do ORDE do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras (Inglés para ESO e Francés e Inglés para BAC) no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
DATAS:
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
PRAZO E SOLICITUDE:
Ata o 20 de marzo de 2019, incluído. A solicitude realízase en liña ou presencial.
No documento adxunto podera consultar toda a información necesaria.