O equipo de normalización lingüística está a desenvolver nesta segunda quincena de outubro unha serie de actividades relacionadas co outono coa seguinte programación
Programa
- Día 22, venres. Hora: 12:45-14:25. Alumnado: 1º e 2º de ESO
- Charla no salón de actos do IES de Curtis: Coñecemos os cogumelos do noso contorno?
- Proxección de diapositivas.
- Manexo dunha guía de cogumelos.
- Concurso de fotografías relacionadas co outono e os cogumelos.
- Concurso de composicións de outono (cestas de cogumelos , cogumelos con froitos do outono etc).
- Concurso de recolectores de cogumelos.
- Concurso de pareados (con eles realizarase un xogo como o da oca)
(Entregaranse o luns nunha mesa que haberá a tal efecto diante de secretaría . Todas as entregas terán que facerse debidamente identificadas co nome de quen entrega entre o día 25, luns, e o día 26, martes)
- Día 25, luns. Alumnado 3º e 4º de ESO.
- Conferencia a cargo dunha experta da Consellería de Medio Rural. Hora: 08:45-10:25
- Saída de campo.
- Exposición do recollido na saída de campo.
- Día 29, venres. Todo o alumnado.
- Magosto no patio cuberto
- Entrega de premios dos concursos
NOTA:
- Ó igual que o ano pasado solicítase a colaboración de todo o alumnado e profesorado para a celebración destas actividades.
-
Para a celebración do magosto todo o alumnado deberá traer, polo menos, unha ducia de castañas adentadas que se encargará de preparar e repartir gratuítamente o alumnado de 2º de Bacharelato co fin de obter fondos para a excursión de fin de curso.