Skip to Content

            

    

Convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de ciclos medios.

Aberto prazo de solicitudes para mobilidades Erasmus+ para alumnos en prácticas de Ciclos Formativos de Grao Medio.

Proxecto KA121-2023 do Consorcio da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación remata o luns 30 de setembro.

Prazo de solicitude para mobilidades Erasmus+ de alumnado de Educación Superior.

Ábrese prazo para solicitar mobilidades no exterior para o alumnado. Proxectos KA131-2023 e KA131-2024. Hai un total de 6 prazas.

O prazo abrangue dende o 23 de setembro de 2024 ao 30 de setembro de 2024, ámbolos dous incluídos.

Pódese descargar o modelo de solicitude neste ENLACE.

BAREMO
1. Expediente académico (max. 4 puntos).
    Valoración: nota media no 1º curso do ciclo formativo.
       A) Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.
       B) Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.
       C) Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.


2. Competencias lingüísticas (max. 4 puntos).
    Soamente se terá en conta o idioma de nivel supeior.
       B1 - 1 punto

       B2 - 2 puntos

       C1 - 3 puntos

       C2 - 4 puntos


3. Competencias persoais e actitudes (max. 4 puntos)
    Valoración: opinións e información dada por aqueles que ensinen ao estudante.


4. Outros
    No caso de empate nos méritos darase prioridade pola seguinte orde:
       Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.
       Aos estudantes que nunca participaron nas mobilidades do Programa Erasmus+.
       En caso de manterse o empate procederase á realización dun sorteo público.

Prazo de solicitudes para mobilidades Erasmus+ de profesorado de Educación Superior.

Ábrese prazo para solicitar mobilidades no exterior para o profesorado. Proxecto KA131-2024.

O prazo abrangue dende o 23 de setembro de 2024 ao 30 de setembro de 2024, ámbolos dous incluídos.

Pódese descargar o modelo de solicitude neste ENLACE.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
Criterio 1: Terán prioridade as candidaturas que non participaran en mobilidades Erasmus+ dentro de calquera das súas modalidades nesta ou en calquera outra institución durante o curso académico actual e no anterior.
Criterio 2: En caso de empate no criterio 1, terán prioridade os candidatos con acreditación oficial superior en linguas estranxeiras (non se terá en conta a lingua estranxeira cando ésta é a propia da especialidade do profesor/a).
Criterio 3: En caso de empate no criterio 2, terán prioridade as candidaturas con máis anos de antiguedade con destino definitivo no centro.
Criterio 4: En caso de empate no criterio 3 procederase á realización dun sorteo entre as candidaturas.

Servizo de transporte escolar para o curso 2024/2025

O servizo de transporte escolar comezará a funcionar dende o día 11 de setembro nas rutas e horas marcadas.

Pódense consultar as rutas e as paradas na seguinte LIGAZÓN.

Lémbrase que o alumnado de Bacharelato e ciclos teñen que empregar a tarxeta Xente Nova para poder facer uso do transporte. Máis información AQUÍ.

Presentacións do curso 2024/2025

Publicado o horario das presentacións para todo o alumnado.

Premendo na imaxe accédese ao documento completo.

Listado de libros de texto para o curso 2024/2025

Ligazóns aos libros de texto ordenados por curso académico.

Actualizados a 4 de xullo de 2024.

1º de ESO

2º de ESO

3º de ESO

4º de ESO

1º de BACH

2º de BACH

NOTA 1:Hai un erro no ISBN do libro de inglés Skills 2º BACH, o ISBN correcto é o : 9789925361373

NOTA 2: O alumnado de 3º PDC e 4º PDC debe agardar ao mes de setembro e falar coa profesora da materia de Inglés para ver se é necesario que merquen o libro de texto.

Vales de material para o curso 2024/2025

Xa se poden recoller os vales de material para o vindeiro curso.

Están á súa disposición na secretaría do centro en horario de mañá.

Publicación da listaxe provisional de fondolibros.

No día de hoxe, 12 de xullo, publicáronse as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto. Poden consultarse na entrada do instituto.
Hai un prazo de dous días para a reclamación á listaxe provisional e a publicación das listaxes definitivas será o 26 de xullo.

Admisión na FP para o curso 2024/2025

A presente información é para o alumnado que pretenda matricularse no primeiro curso dalgunha das especialidades de FP. 

Premendo no icono accédese á ferramenta de admisión en liña.

 

Toda a información sobre o proceso de admisión e os prazos establecidos atópase na WEB da Consellería de Educación.

Acceso ás instrucións para a admisión.

Acceso ao calendario de datas para a admisión.

 

Matrícula para ESO e Bacharelato, curso 2024/2025.

O prazo de matrícula para todo o alumnado de ESO e BACHARELATO será do 25 de xuño ao 5 de xullo, ámbolos dous días incluídos.

Premendo na imaxe poden acceder aos documentos necesarios para a matrícula, os cales xa lle foron proporcionados en man ao alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut