A consellería de educación ditou unha resolución o pasado 28 de febreiro de 2024 que regula a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
Poderán acreditar a competencia dixital o alumnado que esté matriculado en 4º ESO ou 2º BACHARELATO no curso 2023-2024.
1. Acreditación da competencia dixital do alumnado de 4º de ESO.
- O alumnado que obteña o título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
- Ademáis poderán presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
2. Acreditación da competencia dixital do alumnado de 2ºBACH.
- A obtención do título de bacharelato acredita que o/a alumno/a ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
- Se acada o título de bacharelato e ademais supera a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación que acredita o nivel intermedio.
As probas de acreditación terán lugar no propio instituto.
Pódese atopar toda a información relacionada e máis modelos das probas no seguinte ENLACE.