No marco do contrato programa CP-Innova do centro, EDU_Sostibilidade, tivemos o pracer de contar con María Caride e María Paz, de Solidariedade Internacional Galicia, quenes nos impartiron unha xornada na que trataron os temas de:
- ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible) e Educación para a Cidadanía Global.
- Participación cidadá.
- Observatorio para educar na cidadanía Global "O Globo" e a súa metodoloxía para microexperiencias transformadoras.
Agradecémoslle ás dúas poñentes o tempo que nos dedicaron e agardamos volver a contar con elas para unha próxima ocasión.