Skip to Content

            

    

Ciencias Naturais, Economía, Educación Física, Eléctrónica, Filosofía, Física e Química, FOL, Forestais e Agraria, Francés, Grego e Latín, Galego, Historia, Inglés, Lingua Castelá, Matemáticas, Música, Normalización, Orientación, Plástica, Relixión, Tecnoloxía, Departamentos didácticos

Acceso ás programacións didácticas.

Pódense consultar as programacións das materias no aplicativo PROENS da consellería de educación.

Acceso no seguinte ENLACE.

Admisión na FP para o curso 2024/2025

A presente información é para o alumnado que pretenda matricularse no primeiro curso dalgunha das especialidades de FP. 

Premendo no icono accédese á ferramenta de admisión en liña.

 

Toda a información sobre o proceso de admisión e os prazos establecidos atópase na WEB da Consellería de Educación.

Acceso ás instrucións para a admisión.

Acceso ao calendario de datas para a admisión.

 

Becas para o alumnado con NEAE. Curso 2023/2024

No arquivo adxunto poden atopar información sobre as solicitudes de becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o vindeiro curso 2023/2024.

Simulador de Pneumática

Unidade didáctica de Pneumática e Hidráulica para 4º da ESO.

Simulador.

Actividade do alumnado de 4º da ESO en Compostela

O alumnado de 4º da ESO disfrutou dun día moi divertido en Santiago de Compostela, organizado polos departamentos de educación física e matemáticas.

A xornada consistiu nunha sesión de escalada no rocódromo da cidade, paseo e resolución de actividades matemáticas na Alameda para rematar en As Cancelas.

Sen dúbida con moitas  ganas de repetir! 

Noraboa ao alumnado polo seu excelente comportamento.

Becas do ministerio de educación e FP para o curso 2024/2025

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 15/03/2024, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

  • Prazo de solicitudes para o curso 2024/25: do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.

 

 

Enlace ao extracto da convocatoria.

Enlace ao documento completo da convocatoria.

Instrucións resumidas polo departamento de orientación.

 

Pulsando na imaxe accédese ao portal do ministerio de educación.

8 M no IES Cidade de Antioquía

Parte do alumnado de 4º da ESO analizou a situación actual que viven, baixo o seu punto de vista, as relacións entre as persoas.

Sintetizaron a súa análise neste traballo no que cada un e cada unha sae da súa gaiola máis ou menos machista.

Noraboa!

 

Conmemoración do día de Rosalía de Castro.

Xa están dispoñibles na nosa canle de Youtube os videos do recital de poesía do alumnado de 1º da ESO, para conmemorar o día de Rosalía de Castro. Preme na imaxe para acceder.

Distribuir contido


by Dr. Radut