Skip to Content

            

    

Prazo de solicitudes para mobilidades Erasmus+ de profesorado de Educación Superior.

Ábrese prazo para solicitar mobilidades no exterior para o profesorado. Proxecto KA131-2024.

O prazo abrangue dende o 23 de setembro de 2024 ao 30 de setembro de 2024, ámbolos dous incluídos.

Pódese descargar o modelo de solicitude neste ENLACE.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
Criterio 1: Terán prioridade as candidaturas que non participaran en mobilidades Erasmus+ dentro de calquera das súas modalidades nesta ou en calquera outra institución durante o curso académico actual e no anterior.
Criterio 2: En caso de empate no criterio 1, terán prioridade os candidatos con acreditación oficial superior en linguas estranxeiras (non se terá en conta a lingua estranxeira cando ésta é a propia da especialidade do profesor/a).
Criterio 3: En caso de empate no criterio 2, terán prioridade as candidaturas con máis anos de antiguedade con destino definitivo no centro.
Criterio 4: En caso de empate no criterio 3 procederase á realización dun sorteo entre as candidaturas.



page | by Dr. Radut