Skip to Content

            

    

Prazo de solicitude para mobilidades Erasmus+ de alumnado de Educación Superior.

Ábrese prazo para solicitar mobilidades no exterior para o alumnado. Proxectos KA131-2023 e KA131-2024. Hai un total de 6 prazas.

O prazo abrangue dende o 23 de setembro de 2024 ao 30 de setembro de 2024, ámbolos dous incluídos.

Pódese descargar o modelo de solicitude neste ENLACE.

BAREMO
1. Expediente académico (max. 4 puntos).
    Valoración: nota media no 1º curso do ciclo formativo.
       A) Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.
       B) Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.
       C) Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.


2. Competencias lingüísticas (max. 4 puntos).
    Soamente se terá en conta o idioma de nivel supeior.
       B1 - 1 punto

       B2 - 2 puntos

       C1 - 3 puntos

       C2 - 4 puntos


3. Competencias persoais e actitudes (max. 4 puntos)
    Valoración: opinións e información dada por aqueles que ensinen ao estudante.


4. Outros
    No caso de empate nos méritos darase prioridade pola seguinte orde:
       Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.
       Aos estudantes que nunca participaron nas mobilidades do Programa Erasmus+.
       En caso de manterse o empate procederase á realización dun sorteo público.



page | by Dr. Radut