P.I. 2012/13 |
Nesta experiencia multicultural no IES de Chapela o alumno Eduardo Brenno Gonçalves dos Santos, de 2º ESO, leu para o alumnado de 1º ESO a lenda brasileira do Curupira. Eduardo leu na súa lingua materna, o brasileiro. O alumnado decatouse da grande proximidade desta lingua co galego, pois podía comprender sen esforzo gran parte do texto. Os debuxos foron realizados polo alumnado de 1º ESO despois de escoitar a lenda dentro do noso proxecto interdisciplinar.
|
|||
Os e as comuneiros de Galicia non acaban de entender a actitude dos sectores político, económico e mediático coas comunidades de montes. Levan décadas loitando polos montes veciñais tratando sempre de que os consideren de interese para Galicia, como calquera outro sector económico e social, sen moito éxito. Revista informativa da Organización Galega de Comunidades de Montes. Ano 12 - Número 11 - Maio 2010
|
|||
|
|||||||||
No curso 2012-13 apostamos por vincular o PI deste curso á Educación Medioambiental e ao noso proxecto particular "Retales del Mundo". Pretendemos achegarnos aos nosos compañeiros e compañeiras doutros países. Neste ocasión Brasil e as súas lendas do Amazonas foron os protagonistas.
|
|||