O Curupira

Nesta experiencia multicultural no IES de Chapela o alumno Eduardo Brenno Gonçalves dos Santos, de 2º ESO, leu para o alumnado de 1º ESO a lenda brasileira do Curupira. Eduardo leu na súa lingua materna, o brasileiro. O alumnado decatouse da grande proximidade desta lingua co galego, pois podía comprender sen esforzo gran parte do texto. Os debuxos foron realizados polo alumnado de 1º ESO despois de escoitar a lenda dentro do noso proxecto interdisciplinar.